Rematadas tres obras en Porto, Paxareira e Carreiras.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Nesta pasada semana remataron dúas obras do Proxecto Estratéxico de Infraestruturas de Medio Rural 2008 (PEIM) da Consellería do Medio Rural. As actuacións foron as seguintes:

-??Saneamento na rúa do Campo de Porto?. Instaláronse 146 metros lineales de tubaría para recoller as augas fecais nesta rúa, coa conseguinte reposición do firme.

-??Pavimentación de pista en Paxareira?. Botóuse un novo firme a unha pista que vai dar á principal deste lugar, recolléndose tamén as augas pluviais.

Estas obras, cun importe aproximado de 25.000 ?, son afrontadas integramente pola administración autonómica.

Por outra banda, tamén rematou a obra de ??Alcantarillado en Carreiras?, que tivo un importe de 10.647 ?, cunha aportación da Deputación Provincial de Pontevedra de 7.985 ?. Con esta actuación mellorouse o alcantarillado nunha zona deste lugar que estaba en deficientes condicións. Tamén se recolleron as augas pluviais que discorren pola pista.

O goberno local quere agradecer tanto á Consellería do Medio Rural como á Deputación de Pontevedra as axudas para a realización destas tres actuacións moi beneficiosas para Pontecesures.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de Relacións Institucionais


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.