Os membros do xurado dos premios Arousán do Ano nas diferentes categorías tiveron que ananlizar un total de 50 candidatos finalistas propostos polos letores de Diario de Arousa a través dos cupóns remitidos á redacción central do xornal. Un xurado composto por sete persoas representativas do mundo da cultura, da sociedade e do deporte arousán analizaron os sobrados méritos de cada un deles nunha xuntanza celebrada no Restaurante Cordal de Vilagarcía.
O polifacético cesureño Daniel Seijas Llerena, autor de numerosos artículos sobre a historia da bisbarra. locutor de Radio Valga e director dun programa xa clásico sobre o mundo das orquestras galegas, e un dos aspirantes a algún premio.
O nome dos premiados será dado a coñecer está noite na cerimonia de entrega dos galardóns que terá lugar hoxe no Auditorio Municipal de Vilagarcía, ás 20:00 horas. Presentarán a gala o actor Tacho González e a xornalista Teté Rocamonde.
O cesureño Daniel Seijas entre os candidatos aos premios “Arousán do Ano”.
Esta entrada fue publicada en Persoeiros y clasificada en Diario de Arousa, Historia, radio valga, valga, Vilagarcía, xunta. Guarda el enlace permanente. Los trackbacks están cerrados, pero puedes publicar un comentario.