Un morto resucita no tempo de Coresma.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O escenario do Auditorio valgués acolleu aos protagonistas de ??Un morto moi vivo?.

O Auditorio Municipal de Ferreirós, no concello de Valga, foi onte o escenario da estrea mundial da última obra que dirixiu Xosé Lueiro, e que leva por título ??Un morto moi vivo?.
As risas foron as protagonistas nas butacas da sala valguesa pero os actores fixeron o resto do traballo. Encabezados polo humorista estradense Isi, e a coñecida actriz Dorotea Bárcena (coñecida por darlle vida a Amadora, nos Tonechos), os asistentes pasaron algo máis dunha hora de bo humor, con risas ao ver como un ??morto? lle facía das súas á pobre da muller.

A viúva (Dorotea Bárcena) e o morto (Isi) non estaban sós no escenario xa que Chelo do Rejo e Toño Pena (gañador do I Certame de Teatro que organizou o Concello de Valga con motivo do bicentenario da Batalla de Casaldeirigo) tamén tiveron a súa importancia no transcorrer das aventuras desta parella tan peculiar, dentro e fóra dos escenarios.

Argumento > Ás portas da morte, segundo el, aínda que ao mellor non tanto como pensaba, o ??morto? comeza a darlle instrucións á súa esposa sobre como quere que sexa o seu funeral, xa que está nas últimas. Ela anda desesperada á busca dos poucos cartos que pode ter aforrados, xa que son unha familia humilde, pero o marido os ten ben agochados pois son malos de atopar (aínda que non tanto como parece).

Nesta busca do capital do esposo, hai varios personaxes que interveñen e que lle intentan botar unha man á pobre da ??viúva? para así facerlle un enterro ??ao ghrande? ao seu home e cumprir a súa última vontade.

As gargalladas foron máis que abundantes na estrea de ??Un morto moi vivo? que agora vai percorrer distintos concellos de toda a xeografía galega?.

DIARIO DE AROUSA, 23/03/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.