A choiva obriga a trasladar as imaxes da procesión a media noite.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Como ao rematar a misa de Xoves Santo chovía intensamente, o párroco de Pontecesures, Arturo Lores Santamaría, tomou a decisión de que as imaxes de Xesucristo coa cruz a costas, e da Virxe das Dores foran trasladadas a Carreiras e Porto, respectivamente, ás 23 horas do día de onte despois da Hora Santa das 22 horas.
Logo dunha pequena demora, tamen pola choiva, as imaxes foron trasladadas por veciños de ámbolos dous lugares, saíndo as comitivas dende a Igrexa Parroquial as 23:20 horas. Coa axuda de membros de Protección Civil a imaxe da Virxe das Dores trasladouse á casa dos «Pesadiños» da Avda, dos Namorados de Porto, acompañada por veciños e polo párroco, mentres que o Cristo foi trasladado á casa de Edelmira en Carreiras, acompañado tamén por veciños e polo sacerdote, Severino Potel. Neste última casa, rematado o traslado, costaleiros e acompañantes foron agasallados con roscas e viño.
Hoxe, Venres Santo, ás 11:00 horas o Cristo e a Virxe das Dores sairán en procesión ata a Plazuela onde terá lugar o encontro.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.