Excursión cultural dos nenos do colexio de Cordeiro, para ver aos novos amigos.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O alumnado do Ferro Couselo e do Praza de Barcelos compartiron diferentes actividades ao longo da xornada.

Esta semana o alumnado do primeiro e terceiro ciclo de Primaria do CEP Xesús Ferro Couselo, de Cordeiro (Valga), viaxaban a Pontevedra dentro das actividades de intercambio que se iniciaron hai uns meses, cando os pontevedreses viaxaron ata Cordeiro para compartir unha xornada escolar cos cativos.
A experiencia desta semana foi moi frutífera, sobre todo para os maiores, de quinto e secto, porque lles serviu para coñecer un pouco máis aos seus novos amigos e así afianzar os vínculos de amizade que se iniciaran hai uns meses, durante a primeira visita.

A xornada comezou coa chegada dos valgueses ás instalacións do CEIP Praza de Barcelos, ubicado na zona centro da cidade do Lérez, e a súa distribución segundo a súa idade. Os máis cativos compartiron pupitre cos pontevedreses mentras que os maiores foron convidados polos anfitrións a coñecer os lugares máis destacados e importantes da capital da provincia, aínda que antes tiveron a oportunidade de coñecer as dotes artísticas dos seus compañeiros, xa que os do Praza de Barcelos deleitaron aos valgueses cunha pequena sesión de contacontos e unhas pezas interpretadas á frauta.

Chegada a hora da merenda matutina, o equipo docente fixo entrega non só aos convidados senón tamén aos seus alumnos, dunhas chocolatinas, bocadillos e zumo, para coller folgos.

Ao mediodía, e antes de volver aos respectivos centros, os de Valga e Pontevedra foron recibidos polo alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, así como polo director e profesorado do CEIP Praza de Barcelos. O rexedor quixo coñecer a opinión que os convidados levaban da cidade e dos seus alumnos, ao que os valgueses contestaron que lles gustaría repetir a experiencia.

DIARIO DE AROUSA, 01/05/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.