Precísase persoal para o programa de concellos saudables en Catoira, Valga e Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

ANUNCIO PARA OS INTERESADOS EN ASINAR UN CONTRATO PARA LEVAR A CABO UN PROGRAMA DE CONCELLOS SAUDABLES EN CATOIRA, VALGA E PONTECESURES.

Para estes tres concellos foi concedida unha axuda de 40.000 euros por parte da Consellería de Sanidade e agora vai presentar o Concello de Catoira a correspondente oferta de emprego na oficina de Vilagarcía para que envíen, a través da sondaxe correspondente, aspirantes e proceder á selección do persoal.

Catro son os traballadores a seleccionar:

UN licenciado en INEF.

DOUS monitores deportivos coa titulación de diplomado en Maxisterio, especialidade en educación física, ou, no seu defecto co titulo do ciclo superior de actividade física deportiva (FP Superior)

UN nutricionista, con titulacións de cursos de dietética ou nutrición.

Faise un chamamento para que os interesados (desempregados da comarca) que reúnan estes requisitos, se inscriban na Oficina de Emprego de Vilagarcía con toda urxencia, para poder optar a esta selección.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.