Contratación dun técnico en Pontecesures. Ata o momento hai 6 solicitudes. O prazo para as solicitudes remata o sábado 23.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

BASES SELECTIVAS PARA A CONTRATACI?N LABORAL TEMPORAL DUN/HA T?CNICO/A PARA A APLICACI?N DAS NORMAS DO HÁBITAT GALEGO.

BASES XERAIS

Primeira.- Obxecto.-
Esta convocatoria ten por obxecto a selección e contratación laboral temporal dun/dunha arquitecto/a; ao abeiro da Orde do 16 de xaneiro de 2009 da Consellería de Vivenda e Solo, pola que se aproban as bases reguladoras polas que se conceden axudas aos concellos de Galicia para a contratación de persoal técnico para a aplicación das normas do hábitat e demais cometidos propios dun técnico municipal.

A modalidade contractual será dun contrato laboral de duración determinada a tempo parcial, (media xornada, 18,75 horas, distribuídas en 3 días/semana), por obra ou servizo determinado, consonte co disposto no artigo 15 de Estatuto dos Traballadores e demais normas concordantes de aplicación.

Segunda.- Duración do contrato.-
O contrato será por obra ou servizo determinado polo período do 1 de xuño a 31 de decembro de 2009.

Terceira.- Retribucións.-
1.300,00 ? brutos mensuais, incluída a parte proporcional das pagas extras.

Cuarta.- Requisitos dos aspirantes/incompatibilidades.-
Os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos á data en que remate o prazo de presentación de solicitudes:

a) Ser español, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
b) Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
c) Estar en posesión do título de Arquitecto. No caso de titulacións obtidas en países estranxeiros acreditarase a correspondente homologación do Ministerio de Educación e Ciencia.
d) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das funcións do posto.
e) Non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera administración pública ou en calquera dos supostos que contempla o artigo 56 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público.
f) Non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade específica previstas na lexislación vixente.

Incompatibilidades: O desempeño deste traballo será incompatible co desenvolvemento profesional privado no ámbito territorial do Concello de Pontecesures, quedando sometida a persoa seleccionada ó réxime de incompatibilidades establecido pola Lei 53/84 e demais disposicións ó efecto..

Quinta.- Presentación de instancias.-
1.- As solicitudes para tomar parte no proceso selectivo dirixiranse á Sra. Alcaldesa Presidenta, manifestando que se reúnen os requisitos esixidos na convocatoria.
2.- O prazo de presentación de instancias é de oito (8) días naturais, contados a partir do seguinte o da publicación do anuncio desta convocatoria nun xornal dos de maior difusión da provincia, se anunciará dita publicación e as presentes bases na paxina web do concello. www.pontecesures.org.
3.- As instancias presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Pontecesures en horas de oficina, ou en calquera das formas admitidas en procedemento administrativo.

A solicitude irá acompañada da seguinte documentación:

* Fotocopia do Documento Nacional de Identidade ou pasaporte, debidamente compulsada
* Fotocopia compulsada da titulación esixida.
* Declaración xurada de non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera administración pública ou en calquera dos supostos que contempla o artigo 55 da Lei 7/2007, de 12 de abril.
* Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais do posto ó que aspira.
* Compromiso de incompatibilidade.
* Curriculum vitae e os documentos, orixinais ou fotocopias cotexadas, que acrediten os méritos que aleguen e teñan que ser valorados segundo o correspondente baremo.

Sexta.- Admisión de aspirantes.-
Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o Concello exporá a lista provisional de candidatos admitidos e excluídos no taboleiro de anuncios do Concello e na web www.pontecesures.org, dando o prazo de tres días para emendar as posibles deficiencias apreciadas polos participantes no proceso, tras o cal se exporá, polo mesmo medio, a lista definitiva de candidatos admitidos e excluídos, fixando o día e hora da reunión da Comisión de Valoración para valoración de méritos e realización da entrevista.

Sétima.- Comisión de Valoración.-
En ningún caso poderá declarar que superaron as probas selectivas un número superior de aspirantes ó das prazas convocadas, estará integrado por:

Presidente: Arquitecto en exercicio na Administración Local
1º vocal: Arquitecto nomeado polo colexio de arquitectos.
2º vocal: Arquitecto nomeado polo colexio de arquitectos.
Secretario: Funcionario ou persoal laboral do Concello, con voz e sen voto.

Oitava.- Procedementos de selección.
Establécese o sistema de concurso de méritos e entrevista en atención á natureza específica do posto de traballo convocado.

A) FASE CONCURSO.- A puntuación máxima na fase de concurso será de 6,00 puntos en base ó seguinte baremo:

1. Antigüidade: Por cada mes enteiro realizado na Administración Pública, funcións similares ó obxecto do posto de traballo: 0,20 puntos por mes traballado, cun máximo de 2,00 puntos.

2. Por cursos relacionados coa actividade a desenvolver impartidos pola Administración Pública ou homologados ata un máximo de 2,00 puntos:

*. De máis de 200 horas: 1,00 puntos
*. De máis de 100 horas: 0,75 puntos.
*. De 70 a 100 horas: 0,50 puntos.
*. De 40 a 70 horas: 0,35 puntos.
*. De 15 a 40 horas: 0,20 puntos.
*. De menos de 15 horas: 0,10 puntos.

3. Cursos de iniciación ou perfeccionamento de galego:
Iniciación 0,50 puntos; perfeccionamento 1,00 punto. (No suposto de contar cos dous só se valorará o de perfeccionamento)

4 Outros documentos ou méritos de interese para o posto a de traballo.- ata un máximo de 1,00 punto.

* Estes méritos deberán acreditarse mediante orixinal ou fotocopia debidamente compulsada do Diploma ou Certificación onde conste a denominación do curso e o número de horas deste.

B) FASE DE ENTREVISTA .- A puntuación máxima na fase será cualificada de 0 a 4 puntos.
A criterio da Comisión de Valoración poderase realizar unha entrevista persoal aos candidatos que na fase de concurso acadaran unha puntuación mínima de catro (4) puntos, e consistirá na realización dunha entrevista-proba, na que o tribunal poderá preguntar sobre aspectos das materias do currículo así como de temas prácticos e teóricos relativos as funcións a desempeñar. Poderase mandar a realización dun suposto práctico, no período de tempo que determine o Tribunal.

Novena.- Puntuación final e relación de aprobados.-
A puntuación final será a suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e entrevista, de acordo co baremo establecido nas bases. A Comisión de valoracións relacionará os aspirantes por orde decrecente da puntuación final obtida e propoñerá á Sra. Alcaldesa a contratación do aspirante que acade a maior puntuación final.

A Comisión de Valoración elaborará unha lista de espera por orde de puntuación, co resto dos candidatos, para que, no seu caso, en defecto do adxudicatario ou adxudicatarios da praza, sexan chamados por dito orden.

Décima.- Período de proba.
Establécese un período de proba dun mes.

Décimo Primeira.- Caracter vinculante das bases. Incidencias.
As Bases desta convocatoria vinculan ó Concello, á Comisión de Valoración e os aspirantes que participen no proceso selectivo convocado.

A Comisión de Valoración queda facultada para interpretar as bases da convocatoria, así como resolver cantas dúbidas e incidencias presente a súa aplicación e poderán adoptar os acordos necesarios procurando a boa orde e desenvolvemento do proceso selectivo.

Décimo Segunda.- Disposición final.
As bases da convocatoria e cantos actos administrativos deriven delas e das actuacións da Comisión de Valoración poderán ser impugnadas nos casos e na forma establecidos pola Lei 30/92, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/99, do 13 de xaneiro.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.