As cifras falan por so solas. A II Festa do Churro de Pontecesures, que segue batendo as súas propias marcas, ateigou a Plazuela de vila de nenos e maiores. Foi o mellor epílogo para as celebracións do Carme.
Primeiro dixérase 12.000. Logo 15.000. Pero estas cifras quedaron obsoletas, xa que a II Festa do Churro de Pontecesures repartiu 20.000 destes “quentiños e apetitosos” churros. O goberno local cualificou de “éxito espectacular” este evento, que puxo fin as Festas do Carme 2009. Segundo apuntou o concelleiro Luis Sabariz, entre as 21 e as 23 horas os dependentes das sete churrerías que participaron “non pararon nin un instante” de servir chocolate e churros a xente de todas as idades. “Foron despachados nada menos que 2.500 vasos de chocolate, exquisito por certo, (uns 400 litros) e uns 20.000 churros”, segundo os datos facilitados polos establecementos. “Superáronse todas as previsións, houbo moita máis xente que na primeira edición, e esperamos que esta simpática festa gastronómica se consolide ano tras ano”, engadiu Sabariz.
Despois de degustar o cohcolate e os churros, a Plazuela estaba ateigada de xente bailando co dúa Master. Houbo fogos de artificio e mesmo as churreiras gozaron dabondo bailando na praza e recibiron unha enorme ovación dos asistentes unha vez rematado o seu “magnífico labor, apreciado por todos”. “Foron unhas das mellores festas dos últimos tempos”.
DIARIO DE PONTEVEDRA, 08/07/09
Deja un comentario