A Copa Galega de RÃos e de TravesÃas concentra esta fin de semana a actividade dos clubs arousáns. Hoxe, na RÃa de Pontevedra, e mañá, en Tui.
As Torres-RomarÃa Vikinga agarda dar un golpe definitivo na súa loita co Tudense polo campionato autonómico. Esta mañá, desde as praias de Baltar (Portonovo) e de Raxó (Poio) sairán as 109 piraguas que aspiran a coroarse nunha nova edición do Trofeo PrÃncipe de Asturias para embarcacións cuádruples. Cadetes, xuvenÃs e séniores masculinos e femininos compiten sobre unha distancia de catro quilómetros, co As Torres presentando nove piraguas. O Náutico O MuÃño e o Piragüismo A Illa participan con media ducia cada un, mentres que o Breogán, con dúas, e o Náutico Pontecesures e o Cambados, cunha, toman parte cunha representación testemuñal. Tres equipos lusos e un arxentino danlles á cita carácter internacional, que se estende mañá ao Descenso do Miño de Tui.
Na localidade sureña serán case 400 os piragüistas participantes, en barcos individuais e dobres cadetes, xuvenils e séniores sobre un traxecto de 14 quilómetros. E de novo As Torres encabeza a armada arousá, con 17 embarcacións, polas trece da Illa e as doce do MuÃño. Breogán, Cambados, Pontecesures e Piragüismo OGrobe tamén estarán presentes.
LA VOZ DE GALICIA, 15/08/09
Deja un comentario