O vehículo desaparecido.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Emq

O pasado xoves 22 de outubro no incendio da carnicería da rúa San Lois interviron para a súa extinción unha motobomba e unha pick-up de Protección Civil de Padrón así como voluntarios de Protección Civil de Pontecesures.

O BNG pregúntase porque non interveu neste operativo o coche de emerxencias (pick-up) do Concello de Pontecesures do que tanta propaganda fixo o goberno local.

Según a nosa información este vehículo está gardado baixo chave no soto da Casa do Concello non estando a disposición permanente da Agrupación Municipal de Protección Civil. Parécenos lamentable o mal uso que se está a facer deste coche de emerxencias.

Durante o incendio, cando os veciños que presenciaban as labores de extinción interpelaron ao Sr. Alcalde Accidental -alí presente- Rafael Randulfe o porque non se encontraba alí o devandito vehículo, éste, co seu cinismo habitual, respondeu que o vehículo estaba nese momento realizando outras tarefas; cousa que nos consta que é mentira.

Dende o BNG instamos ao goberno municipal a que lle dea operatividade a este vehículo poñendoo a disposición da Agrupación Municipal de Voluntarios de Protección Civil, xa que para este fin foi adquirido.

Asemesmo, insistimos en lamentar unha vez máis que teñan que vir medios doutro concello cando esta pick-up se mercou precisamente para as emerxencias e ata o de agora só se está a utilizar para servizos de limpeza do concello.

Pontecesures, 30 de outubro de 2009
GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE PONTECESURES


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.