Avelina Cordo Carril contratada coma limpadora polos programas de cooperación.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

En Pontecesures, a once de decembro sendo as 10.15 h. reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para 1 posto de persoal de limpeza do Concello de Pontecesures, formado polo Administrativo e Secretario Accidental do Concello D. Ricardo Campos Saborido que actuará de Presidente, pola Traballadora Social Dna. Consuelo Ordoñez Martínez, que actuará de vogal, e polo Técnico de Emprego D. José Francisco Rodríguez Fructuoso, que actuará de vogal e secretario.

Estableceuse primeiramente unha ficha de datos persoais que cada un/unha dos/das aspirantes ten que cumprimentar, así como posteriormente a elaboración dun baremo, segundo os criterios de selección e baremación da Orden do 29 de decembro de 2008 que regulan os Programas de Cooperación no 2009 da Consellería de Traballo, dos que se xunta o modelo.

Iniciado o acto as 10.30 h. procédese a realizar as correspondentes entrevistas entre toda aquelas persoas candidatas que, de conformidade coa oferta remitida pola oficina de emprego de Vilagarcía de Arousa, presentáronse: Avelina Cordo Carril; Mª Carmen Dieste Nera, Eva Mª Fernández Prol, Beatriz Lamas Blanco, Margarita Vieites Seoane.

Unha candidata indica que no estaba interesada no traballo, por razóns físicas por maternidade, e de horario: Margarita Vieites Seoane.

As catro candidatas restantes cubriron a a ficha de datos persoais, para a continuación proceder á realización dunha entrevista persoal con cada unha delas. A puntuación obtida polas aspirantes foi a seguinte:

                                                       BAREMO      ENTREVISTA          TOTAL
Avelina Cordo Carril…………………… 2.50                  2                          4.50
Beatriz Lamas Blanco…………………… 1.75                1.75                     3.50
Mª Carmen Dieste Nera………………..  0.75                 1.75                     2.50
Eva Mª Fernandez Prol…………………  0.50                  1.75                    2.25

Tendo en conta todo o anteriormente dito, resulta proposta para o posto de limpadora por este órgano de selección a Avelina Cordo Carril.

No caso de renuncia dalgún dos anteriores candidatos propostos, as vacantes cubriranse polo orden de puntuación que figura nesta acta.

De todo o cal exténdese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal.


2 comentarios

intencionalidade · 11-12-2009 a las 19:40

Desconozco si una autoridad judicial en última instancia se pronunciaría a favor o en contra sobre la «posible usurpación de funciones» (por llamarle de alguna manera) en lo referente a la realización de funciones de secretario en estas comisiones de selección por parte de personal con contrato laboral, ¿dónde se esconden, una vez más, las exigencias que la legislación establece para garantizar la salvaguarda de los intereses generales? ¿qué es pues ello? pura literatura para la libre interpretación y adecuación según interese o según resulte más cómodo, ¡ya está bien! «al Cesar lo que es del Cesar», luego nos quejamos cuando obtenemos los frutos del «todo vale», en las administraciones públicas cuanto más al pie de la letra mucho mejor, y conjugando la celeridad, la eficacia etc.; y mucho mejor por la sencilla razón de que una administración pública tiene que serlo y parecerlo, y no ha de ser ni parecer otra cosa.
Por otra parte, personalmente no sé lo que dirá la aspirante que renunció por cuestiones de maternidad y de incompatibilidad horaria, pero entiendo que no tienen porque publicarse estas cuestiones en esta página, entiendo que estamos jugando con el «derecho a la intimidad». Si queremos hacer público el resultado de la selección del personal, sería más que suficiente expresar la relación de los aspirantes con las puntuaciones alcanzadas, citación para próximo ejercicio, etc. sin entrar detalles. El acceso al contenido de las actas debe ser para los interesados en el procedimiento, y el concepto de interesado no es un «indeterminado» jurídico.
Boa tarde.

o xudío · 12-12-2009 a las 22:38

Ao Saba non hai quén o tumbe, e cando algo non lle gusta, tapa, por aquelo de «sin información non hai oposición», ten a sorte de ter unha oposición de lacueiros, desarmados, e frenados por un líder que con dous centímetros de altura cognitiva debera irse para o lugar onde reside e deixar ó seu grupo en paz e libre para latricar e atacar a un goberno municipal que ten como escudeiro voluntario a un namorado da cousa pública. ¡Vajonetas da oposición! oitocentos trinta votos son moitos, e non sabedes facer calar con mellores argumentos e maior trascendencia mediática, nun debate plenario, a subida salarial que se meteron nos petos os nosos representantes, cando en relevantes urbes galaicas para o exercicio que estamos a rematar o incremento salarial para os representantes dos cidadáns foi cero. Oposición que cuspe ó aire e petalle na testa tal cual efecto boomerang, ¡ai paisano Xosé Antón» tí que sabes interpretar o gasto corriente dos orzamentos e cuestionar severamente o incremento superior ó vinte por cento na recadación do ivtm, abafado me tés, cando non eres quén para explicar a lexítima aspiración da carne da túa carne…quedaría elegante unha disculpa: os tempos cambian, ¿quén non erra?, «stop»… non faría falta máis. Fas ben Saba se non tes enfrente un calibre maior, insiste que ao mellor «suena» non sabemos o qué, pero sigue coa túa táctica, e lembra que sempre hai quén perfeccione, non se sabe cando, nin cómo, nin onde, cuestión de tempo.. ahí «intencionalidade» volve sobre tema xa debatido, pero tí como estás de volta e do costume fas Lei, «dito queda e ben feito está» tí eres o «auctor» ¿non si? si se tratara dalguén do teu sangue «a intimadade» tería outra susceptibilidade, como de cotío todo se reduce a «subxectividade», despois de todo unha cuestión menor ésta coa que pasamos o tempo.

Responder a o xudío Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.