Poucas incidencias en Pontecesures na noite de temporal.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Varios contedores de lixo movéronse polas estradas por mor do vento, e foron recolocados por persoal de Protección Civil e do Concello.
Tamén persoal do concello retirou dous pinos caídos. Un na estrada de Grobas dende a estrada autonómica Pontecesures-Baloira e outro na pista que vai a Fenteira. Tamén retirouse a parte caída dunha árbore situada fronte ao Centro Médico (no noiro do paseo verde).
Protección Civil tivo que actuar ás 3:25 da mañá nunha vivenda unifamililar da rúa Doutor Mosquera por rotura dunha fiestra de considerables dimensións. O operativo rematou ás 5:23 minutos.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.