Javier Sánchez-Agustino foi elixido presidente da Fundación da Ruta Xacobea Mar de Arousa-Ulla

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Os membros da fundación, elixiron hoxe en Santiago a Javier Sánchez-Agustino Mariño como presidente da mesma. Javier é fillio do anterior presidente José Luis Sánchez-Agustino, que faleceu en xaneiro pasado. Continúa así co legado do seu pai que foi o creador e impulsor desta ruta xacobea marítimo fluvial.

Por outra banda, tamén foi fixado o día do remonte do río Ulla en 2010. Será o 23 de xullo e nesta ocasión será moi vistoso coa participación da Ruta Quetzal de Miguel de la Cuadra Salcedo. Espérase a asistencia de moitas autoridades para dar unha gran proxección a este percorrido de indudable valor histórico e paisaxístico neste Ano Santo Xacobeo.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.