Resposta íntegra de Luis Sabariz ás alusións do boletín do BNG de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

En dito boletín se acusa a este concelleiro de consentidor da obra incluida no PEIM 2009 de Medio Rural «Acondicionamento e rexeneración ambiental no entorno do regato da Chancela», sobre a que se manifesta que o obxecto desta obra era arranxar a parte traseira da casa da alcaldesa, Maribel Castro, contéstase o que segue:

1. De entrada, minte o BNG de Pontecesures pois nin a inclusión desta obra no PEIM 2009 foi acordada no pleno, nin se trata dun proxecto municipal, nin se financiou con fondos do concello.

2. O proxecto foi redactado por técnicos da Consellería do Medio Rural en Pontevedra, iniciándose curiosamente os trámites en tempos do goberno bipartito, con Marcos Suárez á fronte da Xefatura Provincial do Servizo de Estruturas e Infraestruturas Agrarias.

3. A actuación, que vai toda ela en dominio público hidráulico, conta coa autorización de Augas de Galicia a quen foi enviado o proxecto da obra que trata de evitar mais danos como os que se causaron a propiedades particulares por mor das augas do regato, entre elas a vivenda da alcaldesa, protexendo as mesmas, xa que a auga cae nesa parte do regato dunha altura considerable e foi erosionando durante anos a cimentación e os muros das vivendas. Para nada se arranxan elementos da casa de ninguén, senón se protexen os danados muros actuais, actuando no espazo de dominio público. Curiosamente non se citan outras propiedades por claros intereses electoralistas.

4. Esta obra foi adxudicada, dirixida e supervisada en todo momento pola Consellería do Medio Rural en Pontevedra. Precisamente hai unha semana técnicos da consellería estiveron en Pontecesures para comprobar a actuación in situ coma remate da obra.

5. Este concelleiro non é complice de nada e a actuación estivo a facerse con total claridade e transparencia por parte da consellería. Naturalmente é partidario de acondicionar no futuro e noutras fases o muiño e o cauce do regato ata o lavadoiro da Chancela, pero para iso hai que adquirir varias parcelas particulares e asumir o correspondente custo das mesmas.

6. O que resulta sorprendente, e que faga acusacións deste tipo un grupo cuxo portavoz é o alcalde anterior que presidia a corporación cando cinco días antes das eleccións locais de 2007, unha obra de Medio Rural, a de ancheamento dos accesos á Toxa, comezou sen, nin sequera, pedirse as ofertas aos contratistas con un descarado electoralismo que xa foi denunciado por este concelleiro. Coñece perfectamente este tema o citado Marcos Suárez e os dirixentes da Consellería do Medio Rural, de responsabilidade do BNG en tempos do bipartito que se desentenderon logo da denuncia do comezo da obra.

7. Tamén resulta sorprendente, que Álvarez Angueira se desentenda do contido do boletín do BNG ante a alcaldesa, dicindo que el non estaba de acordo co texto. Ou ben o ex alcalde actúa coa covardía habitual non dando a cara, ou ben o grupo municipal do BNG de Pontecesures e un grupo en descomposición que publica novas «a súa bola» sen coñecemento do seu voceiro.


2 comentarios

matacristos · 13-05-2010 a las 11:35

A señora alcaldesa consigueuno arreglar asua casa cobrar un vo sueldo sin importarlle a crisis e buscarlle chollo a filla,a vivir que son dos dias ,as fotos cantan,os de medio rural viron a obra sin saber que era a casa da alcaldesa…………..viva la ministra……….

Luis Angel Sabariz Rolán · 13-05-2010 a las 14:54

Por suposto que Medio Rural, «matacristos», tiña coñecemento de que unha das vivendas dos danos era da alcaldesa. Tanto na xestión anterior do bipartito, cando comezaron os trámites, como na xestión actual. Cónstame sen dúbida algunha.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.