HOXE XOVES, EL COMBO DOMINICANO SUBESE Ó PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA

Hoxe coma tódolos xoves, dende as 19h. ata as 4 ou 5 da madrugada, haberá “Palco de Estrelas” en Radio Valga, con Daniel Seijas. No programa de hoxe estarán os compoñentes da orquestra internacional EL COMBO DOMINICANO, de Gran Canaria.Estando os seus cantantes (entre eles, Oliver, que foi concursante fai uns anos de Gran Hermano) e o seu director e fundador Cirano Núñez. El Combo Dominicano, estará ademais este sabado 24 de xullo nas festas de Campaña-Valga, compartindo cartel coa orquestra Chárleston Big Band de Padrón. O impresionante de programa de festas deste ano en Campaña completase o domingo 25 co grupo Océano e a orquestra Aché, para rematar o luns 26 coas orquestras Olympus de Negreira e Galilea da Estrada.
Ademais en Palco de Estrelas, poderás escoitar en primicia o novo disco da orquestra ACHÉ, que será oficialmente presentando xunto co videoclip “Celebra la vida”, o próximo xoves 29 de xullo na sala de festas Chanteclair.
Tamén poñeranse pezas do último disco da afamada banda Unión Musical de Ponteledesma…esto é moito máis en case 10 horas de radio sen interrupción…
Por ultimo engadir que a semana pasada, Palco de Estrelas, cumpria 5 anos e 6 temporadas consecutivas en antena, sen existir nin unha soa semana que non houbera “Palco de Estrelas,dende que comezou o 13 de xullo do 2005.

Esta entrada fue publicada en Cultura y etiquetada como , , , , , . Guardar el enlace permanente. Trackbacks están cerrados, pero puede publicar un comentario.
Antes de comentar lembra as Normas de uso.
En Pontecesures.net cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate.

Publicar un Comentario

Tu email nunca se publicará ni se compartirá. Los campos obligatorios están marcados con un *

*
*

Puedes usar estas etiquetas y atributos HTML <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>