Moción do grupo de goberno de Pontecesures sobre recollida de vehículos abandonados.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

ENCOMENDA DE XESTI?N NA DEPUTACI?N PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, PARA A RECOLLIDA E TRATAMENTO DE VEHÍCULOS ABANDONADOS.

Examinada a comunicación da Deputación Provincial de Pontevedra, relativa a que o Pleno Corporativo de dita institución aprobou a posta en marcha dun servizo concertado de recollida de automóbiles abandonados e o seu posterior tratamento de descontaminación en todos aqueles concellos menores de 50.000 habitantes que así o soliciten.
Tendo en conta que, conforme co establecido no R.D, 1383/2002, de 20 de decembro, sobre xestión de vehículos ó fin da súa vida útil, é competencia municipal a entrega dos vehículos abandonados a un centro de tratamento autorizado para a súa descontaminación.
Resultando que ese servizo resulta de interese para o concello, que é gratuito, que o prazo para a encomenda de xestión ramata o 31 de xullo e que é necesario que o órgano competente municipal realice dita encomenda segundo o previsto no artigo 15 la Lei 30/1992, de 26 de novembro, poara a recollida e tratamento de vehículos, durante un prazo de catro anos, este grupo de goberno propón ó pleno da corporación a adopción do seguinte acordo:

1.Encomendar a xestión da recollida e tratamento de vehículos abandonados, á Deputación Provincial de Pontevedra.

2.Facultar á alcaldía para a sinatura do correspondente convenio e demais documentos que procedan.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.