Está a espertar moito interese o curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Varias mulleres fixeron xa a solicitude para asistir a este curso no que hai a posibilidade de outorgar unha bolsa de 10 euros/día aos asistentes en función da situación persoal (desemprego, recibir ou non a prestación, etc..).
O número máximo de prazas para o curso é de 20. En caso de haber máis aspirantes, os técnicos do programa «Aquelando» realizarán a selección.
Lémbrase que a información facilítase na Oficina de Emprego de Pontecesures (teléfono 986/564403) en horario de 8 a 14 horas.

Categorías: Concello

5 comentarios

estudiante · 26-08-2010 a las 18:04

Cando se da unha información deste tipo dase completa home.
Que rigor ten «varias mulleres fixeron a solictude»? Será un número concreto.
Cano che convén vas dicindo: xa van tantas… outro día xa van cuantas
Cales son os criterios de selección, porque ás veces o criterio é a orde de solicitude, outras quen queiran os do trijoberno. Neste caso, ¿cales son?
Cántas horas dura o curso?
Hai que dar a información completa homiño. Mandas á xente ó informador xuvenil pero non mutiles a información.

Luis Angel Sabariz Rolán · 26-08-2010 a las 19:49

A miña intención e dar toda a publicidade que poida deste curso. De feito, por este medio, enterouse xa bastante xente e preguntou hoxe na oficina do técnico de emprego todo tipo de cuestións relacionadas con este tema.
Aínda por enriba, «estudiante», xa comezas a desconsiderarme, a sementar dúbidas de selección e a atacar calquera iniciativa que haxa. Normal, porque tamén asinas como «bngpontecesures» e desexas desacreditar todo. Os escándalos na selección de persoal (habituais co anterior alcalde) nunca tiveron nada que ver conmigo, e ti o sabes. Na oficina do Técnico de Emprego dase todo tipo de información, clara e fiable a todo o mundo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 26-08-2010 a las 20:00

Ya me olvidaba y paso de nuevo a los cursos. Parece ser que serán de unas 700 horas (de octubre a mayo, en horario, más o menos de 9 a 14 horas), y habrá una parte teórica y otra práctica en centros colaboradores. Todos los inscritos serán citados para una reunión antes de la selección, para que todos sepan los criterios que se van a seguir para elaborar la lista definitiva. El inscribirse antes no tendrá influencia alguna.

    estudiante · 26-08-2010 a las 23:01

    Ajora xa vas indo aljo millor homiño. Inda así non deches a coñecer os criterios de selección. Este son fundamentales para que a xente decida ou non solicitar a participación do curso. � unha mágoa que non se dean xa agora a coñecer. En calquera curso deben coñecerse previamente claes son os criterios.
    En canto a escándalos na selección de persoal, vouche a recordar dous que non están moi lonxe no tempo:
    1.- nada máis entrar no joberno o primeiro que fixeches ti foi colocar a unha da túa lista.
    2.- o sejundo foi colocar a túa cuñada, a que vive en Padrón.

    Das seleccións de persoal da etapa do joberno anterior, houbo moitas (en 7 anos moitísimas) e en todas elas ti participabas na selección das personas que contratabades. Supoño que se farían en todo momento con arrejlo á lei.

    Lojo a ti larjáronte fora do joberno por desleal, e estuveches pouco máis dun no fora do joberno. Nese tempo que ti tanto criticas, fparticipaba na selección de persoal a Sra. que ajora ti puxeches de alcaldesa. Imajino que ti non a poñerías de alcaldesa se cometese irrejularidades na selección de persoal.

    A ti o de repetir unha e outra ves a misma cantinela xa se che acabou homiño.

Luis Angel Sabariz Rolán · 26-08-2010 a las 23:20

Ignoro os criterios de selección deste curso, «estudiante» (ou «bngpontecesures», que todo o mundo ten que saber que es a mesma persoa). Non teño nada que ver cos técnicos do programa «Aquelando», e só pido que todos os aspirantes sexan informados convintemente sobre ditos criterios.
Deixate de cantinelas: Fixen as acusacións sobre as irregularidades na selección nos tempos do alcalde anterior dando a cara e con nomes e apelidos. Dirán de min o que queiran, «estudiante», pero nunca que eu vin ao concello a colocar irregularmente a ninguén (nin de listas, nin familiares, nin amigos). Iso está moi claro en Pontecesures por moito que digas. Pregúntalle aos meus excompañeiros nacionalistas no goberno se eu fomentei ou levei a cabo este tipo de prácticas. ¿A quen queres enganar «estudiante»?

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.