Gran éxito da convocatoria das actividades de entroido para nenos.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Os días 7, 8 e 9 de marzo de 2009 (luns e martes de entroido e mércores de cinza, días nos que non hai clase), de 10 a 13 horas no Centro Social de Pontecesures hai actividades de confección de disfraces, maquillaxe de Entroido, realización de caretas e antifaces para nenos/as de 5 a 12 anos.
Estes obradoiros van seren impartidos pola educadora familiar do concello e pola monitora de ximnasia de adultos.
Os anuncios foron distribuídos no CPI Pontecesures nesta semana, e a día de hoxe xa están esgotadas as 31 prazas coas que se conta para estas actividades.
O goberno local está satisfeito da resposta a esta iniciativa. Ademais do labor formativo e festivo, é importante a celebración deste tipo de actividades en días de vacacións para as familias nas que traballan os dous cónxuxes.


3 comentarios

Xitano · 26-02-2011 a las 10:42

«….é importante a celebración deste tipo de actividades en días de vacacións para as familias nas que traballan os dous cónxuxes». Sempre por detrás dos demais. Como moita xente, vexo a páxina, cando podo e teño tempo, pero Sabariz, esto non o reclamaba os socialistas do pobo, nas actividades de Navidad.

Luis Angel Sabariz Rolán · 26-02-2011 a las 11:22

Mira «Xitano», en Nadal houbo unhas actividades e agora, no entroido, outras, sempre en función da disponibilidade de medios con que contamos.
¿Que imos por detrás nas decisións?. Non o penso. Un exemplo: os socialistas cesureños consideraban innecesario arranxar a Plazuela, e tomouse a decisión de remodelala. Quedou de marabilla e a obra foi en xeral aplaudida.

arredemo · 26-02-2011 a las 15:58

Está ben Sabariz que teñas en consideración as propostas doutros grupos políticos. En verdade que non era unha cuestión de cartos, como agora queda demostrado, senón de iniciativa, que é o que non tedes.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.