Bello Maneiro: «No meu partido non se valora o esforzo que facemos en Valga».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Bello sostén que todos os políticos deberían pasar pola xestión municipal

José María Bello Maneiro
2 de maio de 1949 en Cordeiro
Contable
Casado, ten dous fillos e unha filla
Alcalde de Valga dende 1991
O despacho de José María Bello Maneiro é un espazo, non cabe dúbida, habitado. Os seus vinte anos na alcaldía de Valga encárnanse nunha morea de obxectos e recordos dominados por un televisor de bo tamaño. � coma unha extensión do propio rexedor, quen accedeu ao cargo cunha candidatura independente que desembocou no PP.
-¿Cantos anos tiña vostede cando entrou neste despacho?
-Tiña 41 anos. Agora estou a piques de cumprir 61.
-¿Non é moito tempo?
-Pois a verdade é que entrei en política de casualidade e, en principio, sen interese ningún, debo recoñecelo. Teño unha experiencia persoal de asistir a un pleno, no primeiro mandato democrático, como público, moi desagradable, con discusións permanentes, insultos e faltas de respecto. Díxenme que nunca estaría en política, e a vida levoume a que non fose así.
-A xente vén falar con vostede e agarda o momento que lle toque. Agora mesmo hai catro persoas esperando. Non parece este un traballo tranquilo…
-Nun Concello a verdade é que nunca se está tranquilo, sempre hai demandas. E máis nestes momentos, non que non se poden levar adiante tantas cousas pola situación económica. O máis preocupante é o paro, a cantidade de familias que pasan polo Concello. � inquietante ver familias que non teñen ingresos de ningún tipo e non poder facer nada porque un non ten unha variña máxica.

-¿Que pode facer un Concello para crear emprego?
-Nós, por exemplo, fixemos que as empresas que contrataron obras co Concello contratasen persoal de Valga. Nestes anos creáronse así moitos postos de traballo; provisionais, claro, pero polo menos distribuíron ingresos entre as familias. Unha das razóns de que o Concello nos convenios reducise eses empregos a media xornada é, precisamente, unha mellor distribución en época de necesidade.

-¿Lembra a Albino Ferreirós?
-¿Como non o vou lembrar se foi alcalde antes ca min? Supoño que ides polo dos dous peches que se fixeron, un con nós en minoría e outro a partir de 1995. Nun deles botou un cordel pola fiestra para que lle pasasen os bocadillos… Miren, a lectura que fixo de todo iso o pobo quedou ben clara cando lle tocou falar. Aqueles, podo dicilo, foron os peores momentos que eu lembro como alcalde. Ver a mesa do salón de plenos chea de empanadas, coma se fose isto unha romaría. O representante do PSOE, que tiña dous concelleiros, nas seguintes eleccións non quitou ningún.

-A oposición acúsalle de funcionar coma se o Concello de Valga fose seu.
-Foi un mandato de debate, de discusión, pero dun alto nivel no sentido do respecto, coas lóxicas discrepancias, quitando á voceira do PSOE. Ela, simplemente, dedicouse a facer política no canto de tentar colaborar e resolver as demandas dos veciños. Houbo oposición primeiro nas obras da recta de Vilagarcía, un proxecto que se contratou co bipartito na Xunta. O que liderou as mobilizacións vai hoxe de número 2 do PSOE. Tamén co plan xeral pola creación do novo parque empresarial. O BNG votou a favor e foi coherente co que dicía a súa xente na Xunta. Pero o PSOE opúxose. O que liderou a oposición vai no número 3 da súa lista. Eles foron coma aves de rapiña.

-Mais agora muda tamén o candidato do BNG e pode mudar o seu discurso. ¿Vai botar en falla a Rodríguez Touceda?
-Antonio é unha persoa dialogante, moi meticulosa na parte económica. Todo o miraba ao céntimo. E iso a min gústame.
-¿Que opina do seu sucesor?
-Xa foi concelleiro. � unha persoa moito máis radical.

-A acusación de ser político é curiosa cando a fai unha persoa que leva 20 anos na alcaldía.
-De entrada non me considero político. Estou en política, pero intento non facela nese sentido, esa é a mentalidade do goberno que temos. Nós dedicámonos dende o primeiro momento a coordinar un grupo, que isto fose un equipo e xestionar.

-Por certo, algunha vez ten criticado ao seu propio partido por descoidar Valga.
-No meu partido non se valora o traballo que se fai en Valga. Sígoo mantendo. O noso esforzo non está valorado. Os políticos chegan aos cargos e esquecen que os concellos somos os que facemos o día a día, os que vemos as familias en paro. Terían que pasar pola xestión municipal.

LA VOZ DE GALICIA, 27/04/11


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.