«Algúns levan moito vivindo da política e o traballo dos demais».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Rafael Randulfe encabeza a candidatura da API logo do «nomeamento a dedo no PP».

Randulfe lembra que foi o único cabeza de lista do PP elixido democraticamente

Randulfe vive unha paradoxal situación. Segue sendo o único voceiro coñecido que o PP ten no Concello de Pontecesures, aínda que encabeza unha candidatura rival, a da Agrupación Pontecesures Independente.
-¿Que o leva a liderar unha lista independente?
-O PP decidiu pola súa conta nomear a dedo un candidato. Nós, por respecto aos máis de 300 afiliados que hai aquí, dos cales a meirande parte son militantes porque eu llo pedín persoalmente, e por respecto á democracia decidimos que tiñamos que presentarnos. Eu fun o único candidato elixido democraticamente polos afiliados do PP, pero iso non parece importar. Se o PP pode facer o que quere e lle peta, nós tamén.
-Segue sendo vostede concelleiro polo PP.
-De momento non presentamos a dimisión. De feito, dos 11 membros da candidatura 6 son afiliados ao PP. Isto non sucede só aquí, senón en moitos lugares da provincia. O partido toma as decisións que cre oportunas. E nós tamén. Non hai problema.
-O PP fala de renovación.
-Deuse esa razón, pero nada máis. Nin un aviso previo, nin un debate. Non me preocupa nin me interesa onde estea o PP agora mesmo. A min paréceme moi ben a renovación. Hai algúns que levan moito tempo vivindo da política mentres os demais traballamos para eles, aportando xente para mítines e comidas. Moi ben, xa que viven disto poderían renovarse eles.

-O seu pacto de goberno levou á alcaldía á candidata menos votada. Foi moi criticado por iso.
-Na negociación esa era a única posibilidade de botar ao BNG. Pero non foi un capricho, contou con pleno consentimento da dirección do PP. Sempre se molesta o que perde, pero o mesmo sucedeu con Piñeiro Ares e tamén con Trenco. Non somos ningunha especie rara.

-¿E agora? ¿Chegaría a un acordo de goberno co BNG?
-Agora son independente e podemos facer o que queiramos. Tomaremos a decisión que máis lle interese ao pobo, e en segundo lugar a nós. Non descartamos a ninguén, nin sequera ao BNG. Pelexaremos voto por voto e casa por casa, igual que o resto. Os veciños deben pensar se queren votar á xente que coñece e quere traballar exclusivamente polos veciños ou a xente que vai apoiar a especuladores e só pensa en dedicacións exclusivas.

-¿Arrepíntese daquel acordo?
-Non, porque as decisións están motivadas por razóns, e este goberno foi positivo para Pontecesures. Investiuse un millón de euros por ano, máis que en calquera outro período, e fixéronse moitas cousas ben. Agora temos que centrarnos na loita contra o desemprego e nun proxecto de vivendas sociais realista.
Rafael Randulfe Vieites
3 de xuño de 1954, en Pontecesures
Funcionario municipal no propio Concello de Pontecesures
Divorciado, ten dous fillos
Candidato do PP á alcaldía no 2003, dimitiu por incompatibilidade. Encabezou de novo a lista conservadora no 2007 logo de ser elixido nun congreso extraordinario da súa formación, que con tres concelleiros é o grupo maioritario do goberno de coalición. � tenente de alcalde e, de momento, o único voceiro popular no Concello.

LA VOZ DE GALICIA, 05/05/11


1 comentario

Voight-Kampff · 8-05-2011 a las 00:28

que ben falas, pobre do que non te coñeza, e logo tí DENUNCIAS A ANGUEIRA polo consumo do GASOIL e agora vas pactar con él… de tí calquera cousa

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.