Cita literaria no aniversario do pasamento de Rosalía.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A Casa Museo da Matanza acollerá a asistencia de artistas da literatura galega

O vindeiro venres día 15 terá lugar un acto literario en Padrón en homenaxe a unha das grandes figuras da literatura galega, Rosalía de Castro. A partires das 20.30 horas, con entrada libre, realizaranse unha serie de actividades conmemorativas e poderase disfrutar da presenza de escritores contemporáneos das letras galegas.

O acto comezará cunha lectura do poema de Rosalía Ladraban contra min, que camiñaba a cargo da vicepresidenta da fundación, Ana Blanco. Tamén dará a benvida á presidenta, Helena Villar Janeiro.

Así mesmo, e con motivo do pasado día das Letras Galegas, celebrarase unha lembranza ao escritor Lois Pereiro. Para isto contarase coa presenza do escritor e profesor dodrense Anxo Angueira Viturro.

Tamén acudirá o catedrático de literatura e membro da Real Academia Galega , Xesús Alonso Montero que realizará a presentación do número 4 da Revista de Estudos Rosalíanos. Seguidamente, poderase asistir a un recital da man dos autres que participaron na colección Poetas con Rosalía, como Marilar Aleixandre, Vicente Araguas, Franciso X. Fernández Naval, Chus Pato, Xosé Vázquez Pintor ou Miro Villar.

Para pechar o acto literario, a cantante folk Ugía Pedreira e a prestixiosa soprano valenciana, Isabel Rey actuarán para todo o público. Asemade, farase entrega da publicación presentada no convite na Horta da Paz.

EL CORREO GALLEGO, 10/07/11


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.