O Concello de Valga convoca o concurso gastronómico da vindeira Festa da Anguía.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A pouco máis dun mes vista da Festa da Anguía, o Concello de Valga abríu onte a convocatoria para todos aqueles interesados en competir no concurso gastronómico que forma parte do programa do evento festivo con maior proxección exterior do municipio do Baixo Ulla. Unha festa que este ano cumprirá a sua vixésimo terceira edición.
O concurso gastronómico premiará a mellor receita que conte coa anguía coma elemento principal. Os peixes correrán a cargo do Concello. Un xurado escollerá dúas receitas finalistas, e o prato gañador será elixido a través dunha degustación popular por todos os asistentes á Festa da Anguía o 28 de agosto. O primeiro clasificado recibirá 200 euros, e o segundo 100. Quen queira participar no concurso terá ata o 13 de agosto para inscribirse nel.

LA VOZ DE GALICIA, 21/07/11


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.