Portos de Galicia reforzará a seguridade viaria na zona portuaria de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Portos de Galicia e o Concello de Pontecesures traballarán de xeito coordinado no reforzo da seguridade da zona portuaria. Así o acordaron o pasado 16 de setembroo presidente do ente público, José Juan Durán; o alcalde, Manuel Luis Álvarez Angueira, e o primeiro tenente de alcalde, Ángel Souto Cordo, nun encontro no que afondaron das principais necesidades das instalacións portuarias cesureñas, segundo informou onte o propio Souto, responsable tamén da Concellería de Obras e Urbanismo.
A mellora das condicións de seguridade centraranse en principio na rede viaria. Así estudaranse porpostas de reforma como a instalación de pasos de peóns con elevación sobre a estrada. Asi mesmo, Portos de Galicia confirmou que estudará a viabilidade das propostas concretas de actuación que o Concello lle vaia trasladando.
Finalmente, Portos de Galicia comprometeuse a revisar o estado de conservación da zona portuaria. Os técnicos do ente público visitarán a zona e definirán as medidas e as posibles necesidades para mellorar as condicións dos usuarios do porto. Do ambicioso proxecto para remodelar integramente a zona non se falou nada.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 23/09/11

Categorías: Concello

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.