Contestación íntegra relacionada coa caldeira e o comedor do CPI Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Ante as manifestacións de Roque Araujo sobre o tema da caldeira do CPI Pontecesures, este concelleiro reitera que no informe emitido pola oficina técnica da Xefatura Territorial de Educación están valoradas as tres posibilidades de actuación. O máis económico é arranxar os elementos deteriorados da actual caldeira e elevar a cheminea actual, pero a administración autonómica, ao parecer, aínda non adoptou a decisión en canto á obra a realizar. O que ten que facer o concelleiro é xestionar na Xefatura de Educación de Pontevedra unha actuación inmediata e deixar de dar voltas e máis voltas. Con criticarme a min non se arranxa nada e o colexio non pode seguir gastando durante este curso litros e litros de gasoil co conseguinte prexuizo económico.

Tamén o Sr. Araújo sae presumindo de que en tres meses xa conta cun informe favorable para o comedor escolar engadindo que outros estivemos anos sen conseguir nada en este sentido. Pois ben; o concelleiro sabe que o gran problema para conseguir no pasado o comedor foi a falta de espazos no recinto escolar como sempre foi esgrimido polo equipo directivo do centro, pois senón xa estaría funcionando hai tempo. Resulta curioso que precisamente en abril de 2007 o antigo delegado provincial de educación (a consellería pertencía no bipartito ao PSdeG-PSOE) prometeu diante de toda a comunidade educativa (directiva da ANPA, equipo directivo do colexio e un bo grupo de pais/nais) que ía construirse un local no patio para adicalo a comedor. Nunca cumpriu a súa palabra.

Por certo; atopouse o Sr. Araújo un local municipal rematado co anterior goberno, que está fóra do recinto escolar e pretende adicalo a comedor. Ese local foi construido dentro dos proxectos do antigo obradoiro de emprego da Consellería de Traballo e Benestar Social como ximnasio, tivo unha subvención da Dirección Xeral de Deportes para a instalación eléctrica do propio ximnasio, ten uns vestiarios que se están xa a utilizar polos deportistas usuarios do pavillón (o pequeño ximnasio está unido ao pavillón municipal), e quedou solicitada polo anterior goberno unha subvención á Deputación de máis de 30.000 euros para aparellos ximnásticos co fin de ofertar un servizo municipal a toda a veciñanza. Evidentemente non nos opoñemos de entrada a que se instale un comedor, non dicimos que non sexa máis prioritario, pero haberá que valorar todas estas cuestións porque pode haber prexuizo para outros colectivos e incluso poden compatibilizarse os usos. Non pode o goberno local tomar este tipo de iniciativas sen contar para nada coa oposición. O destino e uso dun edificio municipal é un tema relevante e convén sempre que haxa un consenso entre todos.

Pontecesures, 10/10/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


13 comentarios

papagos · 11-10-2011 a las 12:11

O que ten que facer vostede Sr Sabaríz é non meterse nas xestións do goberno municipal, critica ao Sr Araujo cando vostede non foi quen de solucionar o tema da caldeira durante os catro anos do seu desgoberno. Xa meteu a pata publicando o informe do arranxo da caldeira, parece que en educación non lle teñen moita simpatía.
? certo que no 2007 o antigo delegado de educación comprometeuse a ampliar o edificio administrativo do colexio para que albergase o comedor escolar, en aquel momento era vostede Sr Sabaríz o candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Pontecesures. Se cadra logo de todo o que pasou con vostede mosqueouse un pouquiño.
? certo tamén que volveu no 2008 para comprometer unha nave prefabricada, pero non é menos certo que na primavera do 2009 o bipartito perdeu as eleccións.
Os locais municipais están a disposición do goberno de turno, e é pueril Sr Sabariz sacar continuamente o discurso de quen os rematou e quen non.
Dí vostede: «Non pode o goberno local tomar este tipo de iniciativas sen contar para nada coa oposición», vaia cara mais dura que ten. Contou algunha vez vostede coa oposición na lexislatura pasada?

Luis Angel Sabariz Rolán · 11-10-2011 a las 15:30

O que ten que xestionar, e para iso cobra unha dedicación exclusiva no concello, o tema da caldeira é o concelleiro de Educación, Roque Araújo, «papagos». Os informes e as valoracións das distintas posibilidades de actuación están hai tempo sobre a mesa do Xefe Territorial de Educación e agora o que hai que lograr e que o tema se solucione dunha vez.
Resulta curioso que sempre culpas aos antecesores. Pois mira nos catro anos, colocouse un área deportiva a carón do ximnasio do colexio, sinalizáronse as zonas de aparcamento no exterior do recinto, arranxouse toda a fontanería do edificio de infantil, arranxouse o teito do ximnasio, mellorouse o pavillón onde se imparten clases de educación física, etc…
Claro que incumpriu a súa promesa de 2007 de construir un edificio para o comedor escolar o antigo delegado de educación socialista, Cristóbal Fernández. ? certo que despois, en 2008, ofertou instalar unha nave prefabricada colaborando no custo o concello, pero a ANPA considerou negativo isto (solución moito máis económica), prefirindo que se construíse un edificio de obra que incluso podería adicarse a outros usos compatibles co comedor. Deste xeito o asunto quedou en nada.
¿Como non vou dicir que a obra do ximnasio anexo ao pavillón executouse no mandato do goberno anterior? Pois sí o digo. Apostouse por esta actuación, acondicionosue un espazo que estaba nunhas condicións de salubridade lamentables, consiguiuse o obradoiro de emprego e que Traballo aprobase o proxecto, que a Dirección Xeral de Deportes subvencionase a instalación eléctrica, o dos novos vestiarios era unha gran necesidade (cada vez hai máis partidos e adestramentos no pavillón) solicitada por todos os deportistas. Foi unha gran satisfacción o logro para todos. ? non falto á verdade co que digo.

o palillo · 11-10-2011 a las 16:22

mire señor sabariz tivechedes moito tempo para aranxar o problema da caldeira non vir con tonterias agora faran o que poidan que os cartos non caen do ceo e ai que conseguilos .Sempre esta co que fixo o anterior goberno ben polo carallo di o que fixechedes mal eso non comben claro pero non somos cegos e ben o bemos .Bostede sempre ten que decir debe de ser vostede o unico que esta na oposicion ou nombrarono a vostede o gefe dela ?.PD TANTA MERDA XA CHEIRA

Luis Angel Sabariz Rolán · 11-10-2011 a las 16:45

Naturalmente en nuestra gestión de los últimos cuatro años hubo de todo y, por supuesto, cometimos errores «o palillo». Pero en líneas generales quedé bastante satisfecho de los logros y de las ayudas conseguidas. En materia educativa en general creo que cumplimos. Mira, no me acordé antes, incluso logramos que el autobús del transporte escolar parase para recoger a los niños de la parte alta de Toxa y Carreiras. Era una vieja reivindicación.
Yo no soy jefe de nada, hago mi labor en la oposición lo mejor posible y punto.

papagos · 11-10-2011 a las 20:34

Sr Sabaríz, todos temos moi claro que é o Sr Araújo o que ten que xestionar o tema da caldeira, e de feito estao facendo con dilixencia. Quén non o ten claro é vostede e metese onde non debe, entorpecendo máis que axudando. Vostede asume un protagonismo que non lle corresponde.
Por qué chama vostede á xefatura territorial de educación?
Por qué filtra á prensa os informes que teñen alí?. Xa non lle teñen moita simpatía.
Imaxina que pasaría se o Sr Seage e Maribel fixesen o mesmo?. Probablemente deixarían de atender telefónicamente aos de Cesures, e por suposto deixarían de tomarnos en serio. Entérese dunha vez de que xa non está gobernando.
O seu goberno non foi quen de conseguir o arranxo da caldeira, nin se molestaron no seu mantemento o que agravou o problema.
En canto aos logros, todos os gobernos fan algo, con maior ou menor acerto iso si, e o seu goberno costounos unha pasta aos veciños, faltaría mais que non fixesen nada.
Alégrome de que estea contento coa súa xestión, pero o día das eleccións a maioría dos veciños non compartiron a súa satisfacción. Por algo será, non cre?

Luis Angel Sabariz Rolán · 11-10-2011 a las 22:49

Non entorpezo nada, «papagos», dende o goberno e dende a oposición soliciteille persoalmente e por escrito varias veces ao Sr. Pérez Ares o arranxo da caldeira e interésome por toda a infomación sobre este tema.
Reitero que quedei satisfeito pola xestión dos catro anos, que este goberno é maís caro en 30.000 euros ao ano que o noso e que se conseguiron moitas axudas e investimentos.
Sobre o resultado das eleccións xa dixen que na ACP esperabamos obter un concelleiro máis, pero non foi así. Agora ben; nos resultados e na formación do goberno foi para min decisivo, máis que a xestión realizada, a división de última hora no PP e a conseguinte aparición de novas listas. Isto non o digo eu só, penso que é unha opinión compartida por moitos veciños.

o palillo · 13-10-2011 a las 16:21

señor sabariz con respeto o que di vostede de que o goberno actual sale mais caro ten razon pero mire unha cousiña non se dou de conta que comen TRES FAMILIAS e non como no antigo goberno que so comia MARIBEL CARTOS (perdon castro).E referente as listas electorais que houbo non ten escusas perdeu votos porque o pobo no quere ver diante ten que resirnarse porque xa se poden presentar CEN listas que si o pobo o quixera gañaria pero gracias a dios non foi asi polomenos por CATRO anos podemos respirar mais tranquilos .

Luis Angel Sabariz Rolán · 13-10-2011 a las 17:21

Bueno, «o palillo», al menos reconoces que el gobierno actual es más caro que el anterior. Lo de las tres familias que comen, aludiendo a los tres tenientes de alcalde que cobran un sueldo, y que tenemos que pagarle todos con cargo a los presupuestos municipales parece un argumento muy pobre. Ya dije que algunos se presentan a las elecciones persiguiendo una ocupación remunerada y eso en nuestro pequeño municipio es triste, y más en los tiempos de crisis que vivimos. Que la mitad del gobierno local cobre una dedicación exclusiva es algo inaudito en Pontecesures. Un récord muy criticado, vamos.
Te sigo diciendo que para mí, y para otra mucha gente, la división del PP fue decisiva en el resultado de los comicios locales. ¿Qué respìras más tranquilo, «o palillo»?. Otra gente no. Desde luego el comienzo del gobierno actual no presagia nada bueno ni aún con las dedicaciones.

papagos · 13-10-2011 a las 20:16

Non se emocione Sr Sabaríz, non é certo que este goberno sexa máis caro e vostede sábeo, pero non vou entrar nese debate que xa está moi manido. Sen dúbida algúns se presentan ás eleccións para obter unha ocupación remunerada, un clarísimo exemplo témolo na lexislatura anterior.
Discrepo totalmente da súa análise dos resultados das eleccións, vostede practica o «no se consuela quién no quiere». Os tres do tripartito anterior presentáronse ás eleccións e tiveron un excaso resultado, que ten que ver a división do PP con que non lles votaran a vostedes?. Outra cousa é a formación dos gobernos que pode depender de moitos factores, sen ir máis lonxe a formación do goberno anterior debeuse a que vostede e o Sr Díz convertéronse en tránsfugas e déronlle a alcaldía a Maribel.
Descoñecia a súa faceta de «pitoniso» anunciando malos presaxios. Tranquilicese Sr Sabaríz as cousas van ben encamiñadas, afortunadamente ninguén é imprescindible. Somos moitos os que como «o palillo» respiramos moi tranquilos.

Luis Angel Sabariz Rolán · 13-10-2011 a las 21:08

Non é cuesrtión de consuelos, «papagos». Sosteño, respectando ás opinións de todo o mundo, que cun PP unido os populares serían a lista a máis votada, e o BNG non tería 4 concelleiros. Pero de pouco valen agora estas opinións, os resultados foron os que foron e punto. Claro que imprescindible non hai ninguén nin na política nin na vida mesma. Nin os que gobernamos antes nin os que gobernan agora. Home, hai unha pequena lembranza do labor de cada ún que se vai diluíndo no tempo, pero pouco máis, a vida segue.

o palillo · 13-10-2011 a las 22:25

mire señor sabariz : repitolle eu sei recoñecer as cusas pero polo que vexo vostede só recorda o que lle interesa , porque non me nombra o soldo da señora maribel cartos (perdón castro)???? Para vostede iso non ten importancia máis exemplo ca ese pa que presentan os políticos ás eleccións non o hai pero vostede ese lixo non o vé. E mire outra cousiña parece que lle jodeu un pouco que lle dixera o de respirar tranquilo pero xa veu nas elección a maioiría do pobo é o que queriamos pero vostede empeñase en estar sempre no medio coma o xoves. Outra cousa di que o goberno actual nos sale 30.000? máis caro pero dámoslle gracias a dios que aforramos na luz do concello agora non están encendidas como cando estaba o antigo goberno ata que algún políticos lle dera a gana de marchar pá casa e non nombro a ninguén, pero claro como pagamos os parvos como vostede dí tivemos que roelo pois agora vostede roia estes catro anos nnca respirei tan tranquilo, RELÁJESEEEEEEE

Luis Angel Sabariz Rolán · 13-10-2011 a las 23:20

Yo trato de intervenir y de expresar mis opiniones con la mayor corrección, y veo que tú «o palillo» tratas de realizar acusaciones y comentarios irrespetuosos en mi contra cada dos por tres. Expliqué el sueldo de la exalcaldesa, el coste a maiores que tiene este gobierno, las razones por las que estaba bastantes veces en el consistorio fuera del horario ordinario de trabajo cuando formaba parte del gobierno, etc…, y tengo la conciencia muy tranquila.

Que te quede claro:

1. Que trabajé siempre lo que pude sin percibir ni un euro de retribución en los doce años que llevó en el ayuntamiento. No fui al ayuntamiento buscando una ocupación retribuída y tu lo sabes perfectamente.

2. Que nadie puede decir que no se le dejase respirar mientras tuve responsabilidades de gobierno. Jamás fui una persona de abusos o de venganzas. También lo sabes.

3. Tampoco tengo mal perder (ni mal ganar desconsiderando al adversario). Los resultados en las urnas fueron así y hay que admitirlos. Soy consciente del papel que me toca en la oposición y mientras sea concejal cumpliré con mis obligaciones por pocos votos que tuviera.

En fin; veo que prima en tus comentarios la animadversión hacia mi, diga lo que diga, haga lo que haga. Obviamente no vale la pena seguir con este tipo de diálogos. Los vecinos y los lectores de este medio ya tienen, seguro, elementos para enjuiciar a cada uno.

Cara de cona · 14-10-2011 a las 18:25

palillos….non che chegas ao Saba nin a altura doz zapatos……en verbo….no xeito de redactar…nas expresións….en preparación……respirar tranquilo?….. eso os tres que cobran…os tenientes…, carallo co sueldo que levan para casa non van respirar……., con 40 e pico de tacos e no paro os tres……..estes van pelear para seguir con quen sexa…..van a utilizar o que faga falta….non os bota do goberno nin a garda civil…jo…jo…jo….

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.