Nota sobre as contas das Festas do Carme 2011.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Hai uns tres meses este concelleiro solicitou autorización para consultar, un a un, os documentos xustificativos dos ingresos e de dos gastos das Festas do Carme 2011 celebradas os días 2, 3 e 4 de xulio. Logo de reiterar varias veces a solicitude, no día de onte recibín un escrito do alcalde co resumo das cifras dos gastos e dos ingresos.

Independientemente que vou vou a seguir insistindo na autorización para comprobar os documentos xustificativos, e tendo como base os importes reflectidos na documentación enviada xa podemos dicir:

1. Que o concello de Pontecesures ten que adicar dos seus orzamentos a cantidade de 25.215,41 euros para as Festas do Carme 2011. Os ingresos foron de 14.126,70 euros, mentres os gastos ascenderon a 39.342,21 euros.

2. Que en 2010 co goberno anterior o concello tivo que afrontar o custo de 10.930,50 euros. Os ingresos en dito ano foron de 19.976,92 euros mentres os gastos foron de 30.907,42 euros.

3. Que, en consecuencia, en 2011, co novo goberno, o concello ten que soportar un custo de 14.284,91 euros máis que en 2010 polas Festas do Carme.

Deste asunto nada dixo o grupo de goberno na recente rolda de prensa para informar sobre cuestións económicas con acusacións para o goberno anterior. Tampouco se facilitaron as contas no pleno, amosándose que o goberno non quere debater estas cuestións no órgano colexiado.

Critícase, sobre todo, o importante incremento de gasto para as festas deste ano. Non se entende que nestes tempos de crise no que tantas dificultades se están a pasar por moita xente, en lugar de reducir gastos nestes conceptos festivos, increméntense os mesmos ata ter que afrontar nada menos que 25.215,41 euros dos fondos municipais. Isto é dificilmente entendible pola veciñanza. Nós na edición de 2010 xa reducimos considerablemente os gastos en relación con edicións anteriores ante a crise xeral, pero o goberno local incrementounos en moito. Deixóuse unha situación económica aceptable, pero de seguir o goberno con este ritmo de gasto podemos ter problemas pronto. O incremento dos gastos polo custo das dedicacións que cobran os tres tenentes de alcalde hai que engadirlle tamén este apartado e outros que iremos detallando. Mal asunto.

Dende logo, levamos unha pobre immpresión este ano das festas. Primeiro apreciamos que a Festa do Churro do 4 de xullo (integrada na programación do Carme) foi totalmente devaluada nesta edición. Despois observamos que por primeira vez na historia permitiuse colocar unha barra de bar a carón dos palcos das verbenas con notable prexuizo da hostalería da vila. Agora nos atopamos con esta triste nova das contas. Un detalle máis para añadir ao balance realizado hai uns días dos primeiros cen días do novo goberno. Ademáis de inoperante tamén temos un goberno gastador.

Pontecesures, 15/10/11

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


17 comentarios

manolo o do bombo · 16-10-2011 a las 11:16

Xa todos sabemos a cara dura que tes ,o que tiñades que facer vos e deixar mais ou menos as cousas encarriladas pois viñan as eleccions ,enadie se cree que en 15 dias se iban preparar as festas,o que pasa que hai que jod..os que veñan,e non me digas nada pois para min non eres mais que un trapalleiro…..

Luis Angel Sabariz Rolán · 16-10-2011 a las 12:42

Te veo disgustado, «manolo o do bombo». Las cifras son las que son, mi opinión sobre la devaluación de la Festa do Churro y sobre la novedad de permitir la instalación de una barra de bar al lado del palco de las verbenas ya está expresada. Una de las funciones de la oposición es fiscalizar y otra que los vecinos estén informados. A la vista de lo expuesto, cada uno tendrá su opinión y sacará sus propias conclusiones. La mía la tengo muy clara.

yop · 16-10-2011 a las 18:36

? normal que se incrementasen os gastos, as festas do 2010 son as peores que recordo en Pontecesures…

Luis Angel Sabariz Rolán · 16-10-2011 a las 18:48

Pois vexo que a «yop» non lle importa o incremento do custo económico para o concello. E a súa opinión e hai que respectala. Por suposto que non a comparto.

papagos · 17-10-2011 a las 10:23

Está moi claro que a vostede Sr Sabaríz non lle gustaron as festas, é comprensible, logo de ter que deixar o goberno local minguaría moito o seu ánimo.
Aínda que é certo que o ideal é que o concello teña que achegar económicamente o menos posible para as festas, non é menos certo que vostede elude deliberadamente o escaso tempo habido para a organización das mesmas, limitando considerablemente a capacidade de recadación. ? unha pena que teña unha pobre impresión do Carme 2011, pero non coincide co sentir da maioría dos veciños, que lle imos facer, nunca chove ao gusto de todos. ? curioso, critica o gasto pero pretendía un grupo musical na festa do churro, parécelle pouco o custo desta festa?
Segue co tema da barra nas verbenas, cando esta contribuíu ao financiamento das mesmas. En que quedamos defende as arcas do concello ou as da hostalería?
Insiste na situación económica aceptable , recórdolle que deixaron facturas sen pagar por importe de 185.626 euros, entre elas as das orquestas do ano pasado. Quén é o inoperante Sr Sabaríz?

piris · 17-10-2011 a las 11:48

A min gostaronme moito as festas deste ano. Na miña opinión a xente pasouno mellor que en anos anteriores. O da barra do bar pareceume unha moi boa idea (compartín alí unha cervexa cun hosteleiro cesureño de toda a vida e os dous saímos encantados). Ademáis parecía que a xente disfrutaba máis que en anos anteriores. Sería porque n0n tiña que aturar ó vocingleiro co seu megáfono na plazuela…… A festa do churro cada ano vai mellorando (palabras da miña prima que tamén é churrera). Resumindo: boas festas que, sen duda, mellorarán o ano que ven.

manolo o do bombo · 17-10-2011 a las 13:09

ESO no comparto ,¿E QUE PASOU COS 40,000 DA WIFI,? ESES NON IMPORTAN .,QUE JETA ……

Luis Angel Sabariz Rolán · 17-10-2011 a las 15:28

Parece que molestan los números de las fiestas 2011. Pues las cifras son las que son. Ya expuse mi crítica en la nota, reitero que la fiesta del churrro fue totalmente devaluada y que no estoy de acuerdo con que se coloque una barra de bar al lado de los palcos en las verbenas. Creo que los bares de Pontecesures, que están abiertos todo el año, no merecen que, precisamente en los días de fiesta, se autoricen ese tipo de instalaciones por sorpresa, sin acuerdo alguno con el sector y sin ofertarse públicamente esa posibilidad. A mi no me valen los relatos de aquellos que dicen que hablaron con no sé quién y que todo estuvo muy bien, ni tampoco los comentarios de los que dicen hablar en nombre de la mayoría. No voy a entrar en las opiniones de si hubo mayor o menor ambiente en las celebraciones, pues las hay para todos los gustos (que las calles centrales estaban desiertas dicen unos, si había más gente en las verbenas que otros años o no, que en la fiesta infantil hubo más o menos gente, etc…), lo que cuentan en la nota son las cifras detalladas. Ahora bien; parece que algunos les molesta que se haga oposición, que se informe, que se ofrezcan datos. Prefieren el silencio y que tengamos que decir todos amén (con este fin salen las descalificaciones hacia mi persona, y el tratar de desviar el debate). Eso no va conmigo y todos tienen que saber el coste que tuvieron para el concello las fiestas con este equipo de gobierno.
Ya expliqué varias veces lo de las facturas que dejamos pendientes de 2010 y las razones, también las que quedan del ejercicio corriente, y que dejamos un remanente de tesorería suficiente (329.000 euros) para pagarlas.

sobreiras · 17-10-2011 a las 17:48

Que ben o pasáchedes todos este ano nas festas. Foron maravillosas, non falabades así das festas dos anos anteriores. Todo perfecto. Non será que fóchedes todos moi felices porque agora ganáchedes as eleccións e por fin estades gobernando. As cousas sempre son do color do cristal con que se miran.

papagos · 18-10-2011 a las 12:45

Non se trabuque Sr Sabaríz, a quen lle molestan os números das festas é a vostede. Por suposto que as contas teñen que publicarse con absoluta claridade e transparencia, sempre. Outra cousa son as opinións, e os demáis tamén temos dereito a expresalas xa que son tan válidas como a súa.
Vostede na súa nota oculta deliberadamente que as festas deste ano organizáronse cunha escasa marxe de tempo o que impediu recadar máis cartos, co consecuente gasto para o concello, e o seu tripartito ten algunha responsabilidade nisto, non é normal que cando chega o novo goberno en xuño non haxa nada disposto en relación ao Carme. Isto tamén o teñen que saber os veciños. Preferíria que non se fixeran as festas Sr Sabaríz?, sen dúbida tería máis que dicir.
Non esaxere o tema da barra nas berbenas, cuantificou vostede as perdas?
Todos os veciños e especialmente os hostaleiros (por interese propio), témonos que involucrar máis na organización, colaboración e participación das nosas festas e seguro que acadaremos un maior éxito e goce das mesmas.

Luis Angel Sabariz Rolán · 18-10-2011 a las 15:33

Sí, o escaso tempo que houbo entre a toma de posesión do goberno local e a celebración das festas afectou aos ingresos, non é a primeira vez que pasa isto. O goberno local anterior si publicou un anuncio sobre a conta aberta en N.C.G. Banco a mediados de maio, que foi reiterado polo novo goberno o 14 de xuño, pero os novos gobernantes non lograron que houbera xente disposta a pedir polas portas e iso foi negativo para a recadación. Pero é que ademais da rebaixa importante dos ingresos, os gastos aumentaron considerablemente en relación con 2010, «papagos».
En canto á barra a carón dos palcos das verbenas, eu teño moi claro que en Pontecesures co número de bares que ten, non hai dereito a que se permita esta instalación e máis por sorpresa, sen falar co sector, e sin publicitalo entre os titulares de establecementos de hostalería.
Dis que es hostaleiro «papagos» (entendo por hostaleiro o que está detrás da barra traballando, non o que está por diante, aínda que pase moito tempo do día no establecemento), pois promove ti a colaboración a participación, e a organización dentro do sector. O vindeiro xoves hai unha xuntanza convocada na Casa do Concello para tratar estas cuestións. Esperemos que esteas alí para dar ideas e animar ao colectivo. O movemento amósase camiñando.

Blanco · 18-10-2011 a las 19:53

Para 40.000 euros las fiestas de este año fueron muy flojas, la fiesta infantil con poca gente, no hubo regatas de piraguas, en lo del sábado a la noche en la plazuela solo tuvo interes do de la Big Band de la Banda de Valga, proque estaban las familias y los amigos de todos los chavales, lo del rock y el folk de despues muy mal con mucho ruido, muy poca gente y algun follon con un trompa que fue detenido y que dio la murga toda la noche, mal rollo generó el concierto, en la verbena del domingo muy poca gente al principio y solo allá por las 12 y pico habia gente, llamo la atención que el centro del pueblo estaba sin nadie, parecia una ciudad desierta con menos gente que cualquier otro domingo, en la vida hubo un domingo del Carmen así, mal la fiesta del churro con las churreras dolidas porque el gobierno habló mal de ellas antes porque enfrentó a las gemelas con las otras, porque no hubo ambiente, hubo gente que llegó a las 10 y pico y ya no pudo tomar los churros y porque no hubo fiesta final como siempre, hubo ambiente en la verbena del lunes pero solo en el recinto, con todo el pueblo vacio y los de los bares echando chispas contra el gobierno.
Del 2010 hay que decir que la verbena del sabado fue cosa mala, pero al menos hubo más ambiente por el pueblo, la del domingo estuvo animada y la fiesta del churro muchisimo mejor con un fin de fiesta con baile de todo el pueblo en la plazuela, con fuegos artificiales y tambien con un sorteo de un viaje para una pareja, el grupo flojo, la Vicky primero hacia gracia pero ya luego estuvo cargante y aburria a las piedras, pero se gastaron 10.000 euros menos y yo casi las vi mejor en el 2010 que en el 2011

o palillo · 19-10-2011 a las 13:42

mira blanco xa che dixen unha vez que non teñas color politico que todos son iguales .e ti co que falas aqui xa sabemos a cor tua .cada un fai o que pode no seu momento e agora ten que gobernar os que se quixeron xuntar e non queda outra temos que roelo.esperemos que fagan o ben para o pobo que e o mellor

Cara de cona · 21-10-2011 a las 18:39

pero que falan aqui de festas……as deste ano foron ruins……e coa man negra de falete e os entendidos das patifas………mi ma saben de todo….falan como libros abertos no bar……de ali saleu o do carro da barra…..o de levar as festas para o muelle…..o de joder a festa do churro….e para o ano cousas veredes……si…si…

perdinosono · 22-10-2011 a las 18:34

QUE TAL VES?OS, EU XA TE?O UN ADIANTO DO CARTEL DAS FESTAS DO 2012. VAN SER AS DE MAYOR RESTRICCIONS ECONOMICAS QUE CO?ECERA O POBO, PERO SERAN AS MAIS CONCURRIDAS DA HISTORIA DE SEXSURES, QUIZAS PODRIAN RECORDAR EN ALGO AS VACANAES ROMANAS: SISI, POSTA EN ESCEA : O PRIMEIRO DIA TERIAMOS OS BEACH BOYS, OU NO SEU DEFECTO O SR ALCALDE CO SEU SEQUITO DEPORTISTA EN CAMISETAS GASTADAS E BERMUDAS, TINCIDOS DE RUBIO E CANTANDO CANCIONS SURFERAS E FRESCAS COMO ELES !, O SEGUNDO DIA E NON MENOS POPULAR » JJJJEEEE» TERIAMOS O GRANDISIMO PAVAROTI DO MARQUESADO DE CONDIDE -DTR MOSQUERA, QUE NOS DELEITARA CUNS PLEIBACKS DE GRAN CALIDAD PERO DIFICILES DE VER, SOBRE TODO A NIVEL ESTETICO, OH ITALIANO TODO BON GUSTO E ESTILO I O PATRIO DE POUCO SOLDO CON ROUPA DA DECADA PRODIGIOSA, Y POR FIN O ULTIMO DIA I PA DAR UN POUCO DE MARCHA O CORPO, TERIAMOS A GRAN EXPLOSIOON DE VOZ E COLOR CON TODA A FORZA LOCAL NA VOZ DE FALETE, SERA APOTEOSICO, SEGURO QUE NOS VIRIA CO AMANTE DE TURNO E NOS DELEITARIA CUN CANTOS DETALLES DE TAN TURBIA RELACION, E TODO ESO POLO MODICO PRECIO DE 5000E, a que aqui estariamos de acordo o pobo e polo menos esos que nos gobernan farian algo en consonancia co que cobran?
SAUDOS E HASTA A PROXIMA, VECI?OS

vecinocesures · 1-11-2011 a las 18:50

Sr. sabariz comentando o do carro de bebidas nas festas parace que ten vostede comision por parte dos hosteleiros en impedir eso, pois eu vexo moi ben ou é que o carro montou gratis, xa que non se recaudou o que se devia
dalgun sitio abera que sacar os cartos,,,,,,,,,,,,,,,,,
se non » poña vostede do seu bolsillo o perle ou os hosteleiros e asi xa non
fai falta montar un carro na berbena para recaudar mais».
tamen lle digo que non estamos na era do franquismo para impedir ese tipo de cousas, os que andan polas festas tamen pagan impostos coma os hosteleiros, os autonomos o iva, seguros etc. e tamen teñen que afrontar
os gastos adicionales de pagarlle a unha comision unha cifra considerable pola colocacion do seu carro,posto etc.
cousa que o hosteleiro con establecemento fixo non,
enton non fale vostede tonterias e informese mellor a proxima vez

Luis Angel Sabariz Rolán · 1-11-2011 a las 19:09

Considero, «veciñocesures» que non debe de haber unha barra a carón do palco das verbenas das Festas do Carme neste municipio eminentemente urbano e con bastantes establecementos de hostalería (de feito nunca a houbo). ? menos aún sen dar a oportunidade a todos de optar a colocala co que houbo unha montaxe sorpresiva e sen publicitar, vaia. ? a miña opinión, non vexo que sexa unha tontería.

Isto non supón que critique aos establecementos ambulantes nin que diga que non teñen que soportar as súas obrigas tributarias. Todos as temos.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.