ACP insta ao tripartito a instalar o novo mobiliario urbano.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O goberno anterior de Pontecesures deixou solicitada unha subvención á Consellería de Economía e Industria de 3.527 euros, que é o 75% do importe do subministro de sobre unha docena de bancos, outra de xardiñeiras e outra de papeleiras para instalar nas rúas Portarraxoi, San Lois, Sagasta e Víctor García de Pontecesures.

A subvención foi concedida e o subministro adxudicado polo goberno actual á empresa Fundición Dúctil Benito, e agora esperamos que o mobiliario urbano xa enviado ao concello sexa colocado canto antes. Bastantes veciños solicitaban, sobre todo a colocación dos bancos e a actuación non debe demorarse.

Pontecesures, 18/10/11

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.