FUTBOL SA: O PONTECESURES C.F. ACADOU NA TARDE DE ONTE A SUA 1ª VICTORIA

Publicado por fru en

No partido celebrado na tarde de onte en Pontecesures o equipo cesureño impúxose por un apretado 6 – 5 ó seu rival, o Poio F.S.

 O partido foi moi igualado. Chegouse ós 10 ultimos minutos cun resultado de 5 a 4 para o noso equipo. O Poio, con xente veterana, botouse arriba polo empate, que o logrou a falta de 4 minutos. Pero un penalti gol convertido polo Pontecesures C.F. cando quedaba minuto e medio puxo o definitivo 6 a 5 no marcador.

Merecian acadar esta 1ª victoria os xogadores de Marcos «Pichi», para seguir competindo con máis ánimos se cabe, e poder acadar o obxetivo da permanencia nesta liga autonómica no seu grupo sur, xa que poden descender ata 5 equipos.

Categorías: DeportesUlla C.F

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.