Novo alumeado nas rúas Patifas e Otero Acevedo

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Ante as numerosas suxerencias dos veciños  destas rúas para que se cambiase o tipo de alumeado proposto no proxecto inicial, o grupo de goberno municipal, tras unha serie de negociacións coa empresa adxudicataria da obra (SETGA) decidiu a instalación das catenarias modelo «cidade». Estas serán instaladas directamente nas fachadas cun soporte de aceiro inoxidable, tal e como se pode apreciar na imaxe adxunta.

A instalación destas catenarias conta co visto e prace dos propietarios das vivendas cuias fachadas servirán de soporte. Polo tanto queremos agradecer a colaboración dos veciños das rúas melloradas, así coma as facilidades dadas pola empresa SETGA para o bo remate desta actuación.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.