Contratado un peón en Pontecesures ata o 7 de marzo.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Por diversas circunstancias como baixas laborais e permisos, só queda un encargado para obras e reparación e, segundo a resolución da alcaldía de 21/02/12, precísase contratar unha persoa para cubrir as necesidades no día a día neste servizo.
No segundo parárafo da resolución dise textualmente: «Visto que, logo da selección efectuada polos programas de Cooperación 2011, tivéramos unha lista de puntuación entre os candidatos que se presentaron ó posto, procederase á contratación por parte deste Concello para cubrir esta eventualidade á persoa, que, logo de ter traballado estes meses demostrou experiencia en manexo de maquinaria e ferramentas de construción, entre as máis valoradas polo tribunal que valorara ós aspirantes ó posto».
Deste xeito o alcalde resolveu contratar como peón a ANTONIO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ dende o 21 de febreiro ata o 7 de marzo.

Lémbrase que o tribunal en cuestión puntou en xuño pasado aos catro peóns que prestaron servizo perante sete meses ata mediados de xaneiro de 2012 do seguinte xeito: 1. Isolina Caldelas Agrasar, 8 puntos 2. Antonio Rodríguez Rodríguez, 7 puntos 3. Francisco Refojo Cascallar, 6,50 puntos 4. Remedios Rodríguez Requejo, 6,50 puntos

Categorías: Concello

1 comentario

Tiroliro II · 28-02-2012 a las 19:43

Outro escandalo con este goberno, volve o bloque e Angueira e volven os lios na seleccion dos traballadores, deixan fora a primeira das administrativas e agora deixan fora a pimeira dos peons, joderon a Isolina con mellor puntuacion e con tres fillos e que tanto lle fai falta un contratiño, que inxusticias sin pes nin cabeza, e este un goberno tan social e de axuda os necesitados? parece que nin de broma, e o Roque e Cordo? para onde miran?

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.