Varios días leva sen arranxar a avaría de auga da rúa Doctor Mosquera en Condide.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Nesta rúa, moi transitada por vehículos e peóns, pertencente ao lugar de Condide, hai unha avaría de auga que leva sen arranxar varíos días. A perda de auga, neste tempo de seca no que hai que economizar no posibel o consumo, é constante como se queixa a veciñanza.

A ACP prega que a deficiencia sexa corrixida de inmediato, instando ao concelleiro de obras, Ángel Manuel Souto Cordo, que tome cartas no asunto. Curiosamente á avaría esta moi preto do seu domicilio en Condide, non entendendo que non se adoptasen as medidas oportunas ata o de agora. Ademais de perda de auga, transmítese unha sensación de abandono criticada por todos.

Pontecesures, 27/02/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

Categorías: Concello

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.