O peón Antonio Rodríguez Rodríguez contratado de novo ata o 31 de marzo.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Por diversas dúas baixas por enfermidade, só queda un encargado para obras e reparación e, segundo a resolución da alcaldía, precísase contratar unha persoa para cubrir as necesidades no día a día neste servizo.

No segundo parárafo da resolución dise textualmente: ??Visto que, logo da selección efectuada polos programas de Cooperación 2011, tivéramos unha lista de puntuación entre os candidatos que se presentaron ó posto, procederase á contratación por parte deste Concello para cubrir esta eventualidade á persoa, que, logo de ter traballado estes meses demostrou experiencia en manexo de maquinaria e ferramentas de construción, entre as máis valoradas polo tribunal que valorara ós aspirantes ó posto?.

Deste xeito o alcalde resolveu contratar de novo como peón a ANTONIO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, que xa prestou servizos dende o 21 de febreiro ata o 7 de marzo, dende o 16 ata o 31 de marzo.

Lémbrase que o tribunal en cuestión puntou en xuño pasado aos catro peóns que prestaron servizo perante sete meses ata mediados de xaneiro de 2012 do seguinte xeito: 1. Isolina Caldelas Agrasar, 8 puntos 2. Antonio Rodríguez Rodríguez, 7 puntos 3. Francisco Refojo Cascallar, 6,50 puntos 4. Remedios Rodríguez Requejo, 6,50 puntos

Categorías: Concello

1 comentario

Tiroliro II · 17-03-2012 a las 18:14

Outra vez contratando a dedo, e deixando a necesitada Isolina fora, a pesar de ter a mellor nota, non hai remedio, favores e nada mais

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.