Resposta a Cecilia Tarela sobre a non colocación do mobiliario urbano.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

1. O mobiliario en cuestión foi recibido no concello, segundo consta no expediente, o 7 de outubro de 2011. Non conta Cecilia Tarela que ata mediados de xaneiro de 2012 houbo no concello catro peóns contratados polos programas de cooperación da Consellería de Traballo e Benestar Social. Entón houbo tres meses para colocar bancos, papeleiras e xardiñeiras e non se fixo.

2. Incluso pudo encomendarse o simple traballo de colocación a unha empresa, pois é un labor de moi pouco tempo. Todo menos dar esa sensación de ineficacia ante a Mesa do Comercio Local (é Cecilia Tarela a presidenta do órgano e alí expuso a nova da colocación do mobiliario hai 5 meses), ante a Consellería de Economía e Industria e ante a veciñanza, cos elementos almacenados sen uso nas instalacións municipais.

3. Todos coñecemos os problemas actuais de efectivos no departamento de obras e todos desexaríamos que en lugar de ter a tres concelleiros cobrando un salario do concello con dedicación exclusiva (a metade do grupo de goberno, Cecilia Tarela entre eles) tiveramos máis persoal en obras. Alomenos o mobiliario estaría colocado.

Pontecesures, 21/03/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


1 comentario

charly · 23-03-2012 a las 16:28

PAPELERAS si temos a papelera o lado do rio sabedes de sobra a quen mandar a papelera a de (eliminar) os que te teñen o santo morro de cobrar
con todo o que esta pasando.
somos os que damos a nota en toda a provincia o concello que mais caro lle sale o ciudadano,o concello que hay mais personas cobrando a RISGA
un dos concellos donde mais partidos se presentas as locais
e un dos concellos donde hay mais xente a mandar que a traballar
cambiade chic estamos a tempo. saludos. felices festas o que estea para festas claro.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.