«Na miña vida probei nada que se asemelle á lamprea, e mira que teño probado cousas».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Volve a Cesures, onde ten raíces familiares e onde aprendeu a cociñar o produto.

André Arzúa aprendeu a conciñar a lamprea cunha mestra de excepción: unha muller de Pontecesures que non dubidou en compartir con el segredos que teñen anos de historia.

¿Cales son eses segredos?
O principal, o máis importante de todos é a limpeza. A lamprea hai que saber limpala: ten o limo, o fel, os dentes e o sangue, porque non deixa de ser un vampiro.

E á hora de cociñala, ¿por que receita se inclina?
Eu, polo toque de canela. � un truquiño que me ensino unha muller de Cesures. Foi ela a que me ensinou a traballar a lamprea, tano a limpala como a cociñala, e o do toque da canela é algo moi especial.

Vso que aprende vostede cos mellores mestres…….
A ver, todos podemos inventar cousas, pero a base, a tradición, esa téñena as nais, as avoas, elas son as que teñen ese pequeno toque de canela…
Vostede que é cociñeiro seguro que é quen de dicir a que sabe a lamprea….
A lamprea é algo moi especial. Ã? un produto que hai que probalo, porque se te fías do aspecto…uff. Para min é un luxo, pola calidade quke ten. Pero definir o sabor…Non sabería dicilo. Na miña vida probei nada que se lle asemelle, e mira que probei cousas.

LA VOZ DE GALICIA, 24/03/12


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.