Proposta de suba de varias taxas por parte do goberno local de Pontecesures no pleno de mañá, 26 de marzo.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O goberno local propón elevar as taxas da piscina municipal da utilización do pavillón municipal e fixar a do campo de fútbol que non a tiña.

Taxas en vigor:
Piscina. Por entrada:
Nenos (ata 12 anos): 0,45 euros
Adultos: 1,20 euros
Bonos mensuais nenos: 9 euros
Bonos mensuais adultos:. 27 euros
Polideportivo:
Por utilización do pavillón: 6 euros/hora ou fracción
Campo de fútbol: Non existía a taxa.

Taxas que propón o goberno local
Piscina. Por entrada:
Nenos (ata 10 anos). 1,50 euros
Adultos. 3 euros
Bonos de vinte entradas para nenos, ata 10 anos. 20 euros
Bonos de vinte entradas para adultos. 40 euros
Polideportivo.
Por utilización o pavillón. 10 euros/hora ou fracción.
Campo de fútbol:
Por utilización do campo de fútbol. 35 euros/hora ou fracción.

Por outra banda tamén o goberno propón elevar as taxas da escola infantil.

Taxas vixentes:
Xornada completa: 110 euros
Xornada reducida (5 horas): 93,50 euros
Comedor: 33 euros/mes. 2 euros día solto
Horario ampliado: 13,75 euros.

Taxas que propón o goberno local:
Xornada completa: 160 euros
Xornada reducida ata un máximo de 5 horas: 85% da tarifa completa
Comedor 38,69 euros/mes: 2,35 euros día solto
Horarios ampliado 16,11 euros por cada hora de incremento

Nas taxas actuais hai reduccións en funcións das rendas familiares e do salario mínimo interprofesional. Nas que se propón as reduccións son sobre o indicador público da renda de efectos múltiples (IPREM) como se reflicte na normativa da Xunta

Agás no servizo de comedor, preténdense aplicar os prezos máximos fixados no Decreto 49/2012 da Consellería de Taballo e Benestar no que se aprobou o novo réxime de prezos das escolas infantís dependentes da consellería.

Como as reduccións en función das rendas van ser menores, segundo o informe municipal a recadación mensual do concello na gardería que ten 59/60 nenos pasará duns 2.800 a uns 4.760 euros.


2 comentarios

papagos · 26-03-2012 a las 09:38

Quere dicir isto que se consideran adultos os maiores de 10 anos?, se é así paréceme abusivo que se lles vaia cobrar aos nenos-adolescentes comprendidos entre os 10 e os 18 anos os prezos que se propoñen por ir a piscina. Creo que neste tramo tería que ofrecerse un prezo máis xusto tendo en conta que estes rapaces son os que máis usan o servizo e as circunstancias económicas das familias son as que son.

sobreiras · 26-03-2012 a las 17:15

Peor isto que é?..baixan o prezo da lamprea perdendo cartos que pagamos todos para que coman os gorxóns e suben as tasas para os nenos da piscina e da garderia, este e o goberno de esquerdas que temos, debia de estar o pleno cheo para pedir explicacions

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.