Eleccións na ANPA do CPI Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A ANPA «Infesta» do colexio ven de anunciar o proceso electoral para elixir os membros da xunta directiva da asociación, unha vez trascorridos dous anos dende o anterior proceso.
Teñen dereito a seren elexidos ou elixibles todos os socios/as da ANPA que teñen pagada a cota do curso 2011/2012 antes o 31/10/11.
O mércores 18 de abril, de 17:30 a 20:00 horas na biblioteca do centro, poderán presentarse os candidatos sendo imprescindible identifcarse co DNI e acreditar o recibo de pago da cota social.
A lista de candidatos estará exposta na propia biblioteca entrre os días 19 de abril e 3 de maio, ámbolos dous inclusive.
O venres, serán elixidos na biblioteca do centro os 7 membros da xunta directiva mediante votación en listas abertas. Se só hai 7 candidatos (ou menos) quedará constituída a xunta de xeito automática sen necesidade de votación.

Tamén hai que dicir que o propio 4 de maio, despois da elección, terá lugar, ás 20:30 horas, unha asemblea de socios coa seguinte orde do día:
1. Acta anterior.
2. Presentación da nova xunta directiva.
3. Rogos e preguntas

Categorías: Educación

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.