Prorrogado ata o 30 de outubro o contrato dunha auxiliar administrativa en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

En base á resolución da alcaldía de 11/04/12, prorrógase o contrato da auxiliar administrativa Noa María Bouzón Taibo dende o 16 de abril ata o 30 de outubro de 2012. Xustifícase a prórroga na acumulación de traballo existente nas oficinas e a que seguen de baixa dúas das tres persoas titulares das oficinas. Estímase que a traballadora reúne as condicións idóneas para o posto, por titulación e experiencia, tendo en conta ademáis que no seu momento pasou o proceso de selección. O contrato segue a ser a xornada completa.

Lémbrase que Noa María Bouzón Taibo xunto con María Iglesias foran contratadas o 13 de xuño de 2011 como auxiliares adminstrativas dentro dos programas de fomento do emprego subvencionados pola Consellería de Traballo e Benestar logo da proba do tribunal. Remataron o contrato o 13 de xaneiro de 2012 e o 16 dese mes houbo un novo contrato para a auxiliar administrativa Noa María (sobre o que se pediron explicacións no pleno ordinario de xaneiro xa que non se coñecían as razóns para alterar a orde de puntuación do tribunal no que María Iglesias era a primeira e Noa María Bouzón Taibo a segunda) que agora se prorroga.

Categorías: Concello

5 comentarios

Blanco · 16-04-2012 a las 19:19

Que vergüenza!, se consuma el ventajismo. el enchufismo de este gobierno, se dice que pasó una seleccion, pero y la primera Maricarmen Iglesias que?, la mejor en notas en el paro, en casa, la segunda en puntos trabajando nueve meses y pico, y los de los sindicatos que? y cuando vuelvan los de la oficina de de alta que?, por que entonces sigue hasta octubre la administrativa? porque se gasta este dinero a más? esos son los ajustes cuando no hay dinero como dicen?, y despues hablais de Sabariz, pues si no es por el nadie conoceria esto, escandaloso

sobreiras · 17-04-2012 a las 18:07

O que lle fan a Mary a filla de Eloy non ten nome, e son estes do goberno de Cesures os transparentes, os legais, os progresistas, o que hai que ver, que inxusticia mais grande

Verdade · 21-04-2012 a las 18:21

Por qué criticades que contraten a do Choco?, non vos metades con ela, pobre rapaza, anda angustiada e medicada pola vosa culpa. Merece o traballo porque fai algo mellor, os do governo local saben o qué, pois publicamente descoñecese e obxetivamente a quen importan os exames e os baremos?

palikero · 5-10-2012 a las 23:24

e xa estamos en outubro e non lle falta moito, e vaise volver prorrogar…. igualdade, mérito e capacidade…jo jo jo… aínda está sen aclarar por parte do goberno «tripartito» o «por qué» da contratación desta señora e non da que tiña máis puntuación que era María del Carmen Iglesias González…. é que hai que ter collóns con este trío de descontrolados…e a señora secretaria non ten nada que decir…. mal asunto

la_hormiguilla · 6-10-2012 a las 01:03

Pues yo no sé quién tendrá más nota pero, a pesar de que las dos lo hacen muy bien en la atención, Noa es mucho más sencilla. No tan exagerada. Y hasta hace poquito no la conocía de nada. Ni sabía de quién era hija. Estoy en contra de lo que hizo su padre con el toldo pero, sin lugar a dudas, la ventanilla del concello, con ella, ha ganado mucho. Ojalá siguiera más tiempo.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.