Superior do Convento San Francisco de Herbón: ??O noso segredo é a participación social?.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Roberto Freire.

?? Din de vostede que é o responsable do renacer do convento de Herbón. ¿? certo?
?? Responsable… case que o dubido, son un dos que empurra para o renacer desta casa franciscana que comezou en Herbón en 1396. Falamos xa de moitos anos de presenza franciscana.
?? Leva catro anos en Herbón, e parece que chegou con ganas de revolucionar o convento…
?? A verdade é que cheguei un pouco distraído… Procedía dunha cidade universitaria coma Salamanca e atopeime cos meus compañeiros de comunidade na situación de buscar un pouco de vida para unha casa que, ademais, requiría atención. Na mesa había unha proposta para crear un centro hostaleiro de luxo. Rexeitámolo porque non podía ser nin formaba parte da idiosincrasia que sempre tivo o convento de Herbón, de estar preto da maioría da xente, dos seus propios veciños. Este tipo de proxectos só darían cobertura a un determinado tipo de poderes adquisitivos ou a xente rica. Unha vez salvadas as decisións respecto disto, comezou o corazón deste renacer, Sementar.
?? Agora que xa pasaron catro anos, ¿cal é o balance deste proxecto?
?? O balance é moi positivo para a nosa forma de ver. Iso non quere dicir que non haxa dificultades ou obstáculos. ? positivo porque establecimos os principios e fundamentos dun proxecto que o que pretende, dende o principio, é favorecer aos nosos veciños. Inicialmente, aportando o pemento, a pataca, que hoxe son base da economía local. Despois, aportando a cultura e compartindo espazos de ocio, porque unha casa pechada non serve para nada. Unha casa aberta permite que todos poidan participar en igualdade de condicións e sen diferenzas de ningún tipo; dunhas posibilidades que a día de hoxe, cremos en Sementar, están plenamente abertas e cheas de sentido.
?? ¿Cantos socios ten agora Sementar?
?? En Sementar estamos arredor de 25 socios, pero da man de Sementar viñeron outros proxectos rapidamente. Entre eles, viñeron diálogos coa Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago, nun traballo de acollida de peregrinos do Camiño Portugués en réxime de hospitalidade tradicional que este ano abriremos o día 1 de xuño por cuarta vez. Viñeron as negociacións con Viravolta Sociedade Cooperativa Galega, que é un grupo de xóvenes emprendedores sobre todo da área de Educación e da Psicoloxía para establecer un centro de menores en risco de exclusión social. Viñeron tamén os diálogos co Seminario Galego de Educación para a Paz, para establecer alí a súa sede e a sede da cátedra Unesco en Galicia, que está concedida a eles. Veu tamén o traballo de cada día, que seguramente é unha das nosas satisfaccións máis grandes e o que fai que o balance sexa totalmente positivo, tanto dende o punto de vista do franciscanismo como dos obxectivos da nosa asociación, que é compartir o traballo da agricultura ecolóxica con discapacitados psíquicos adultos da nosa comarca que están asociados baixo as siglas de Amipa.
?? Falaba vostede antes da pataca, do pemento… ¿Como vai este ano a colleita con toda esta seca?
?? Vai un pouco retrasada… Sementar quixo facer cultivo ecolóxico do pemento de Herbón, que é unha demanda que está medrando a nivel europeo en todo tipo de agricultura; e sobre todo, achegar aos nosos veciños posibilidades de ensaio, de algo que inicialmente non poida alterar a súa economía, pero que a poida mellorar de cara ao futuro. A campaña vai un pouco retrasada pola escaseza de auga, pero confiamos en que as chuvias destes días nos regalen forza para os nosos pementos.
?? Citaba o traballo que se fai cos discapacitados na horta, ¿cal é a resposta deles?
?? Os discapacitados intelectuais de Amipa fan que o traballo que facemos con eles tres veces por semana, dentro do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, sexa unha grandísima satisfacción. Primeiro, porque nós o que temos que facer con eles é aprender. Todos os que participan nas quendas da horta coñecen máis da horta ca nós. Hai unha parte de traballo con eles que require máis supervisión, máis disciplina, no que poden ser habilidades, máis ben psicomotrices, que nos permite aprender e experimentar a solidariedade. Eles son discapacitados intelectuais, pero eu podo dicir que son discapacitado no cultivo e na agricultura porque nunca me adiquei a isto.
?? Esta actividade ten un valor solidario, pero tamén outras, coma a de acollida ao pelegríns…
?? Esta iniciativa foi unha gratísima sorpresa para nós. Unha vez que iniciamos as conversas coa Asociación, apareceu unha documentación do 1700 dun diario dun carmelita peregrino italiano que parou alí, que o acolleron alí e que describe unha situación moi semellante á que se vive hoxe, tanto na comunidade coma no espazo. Dicía que os frades que alí vivían cultivaban un viño acedo, coma o de hoxe, e uns laranxeiros, uns doces e outros amargos… E di no seu diario ??dos que me deron a probar dos segundos?. Foi unha ledicia e un símbolo que nos levou a poñer no selo do albergue un laranxeiro coma insignia do noso hospital de peregrinos San Antonio. Chámaselle así porque nos queremos referir
xustamente á hospitalidade tradicional e a aportar no Camiño un espazo de espiritualidade coa xente que colabora na asociación e que fai a acollida directa dos peregrinos. Non hai ningunha pretensión de belixerar con ninguén, senón de sumar.
?? Precisamente hai que sumar esforzos, sobre todo na Ruta Xacobea, que, por certo, non queda xusto ao pé do convento…
?? Non. ? unha alternativa que establece a división en San Xulián, en Pontecesures, nun punto en que se pode seguir directamente a Padrón ou ir por Herbón; sinalado con cores diferentes as frechas do Camiño e apuntando cales son as condicións de acollida do noso convento, que é un hospital de pelegríns, e a distancia que hai dende ese punto ao albergue de Padrón e dende ese punto ao noso albergue, que é exactamente o mesmo. O único inconvinte é que ao día seguinte teñen que desandar parte do Camiño para chegar ao cruce que os leva por detrás de Iria Flavia.
?? Así as cousas, ¿vostede que expectativas ten de cara ao futuro para o convento?
?? As miñas expectativas sempre son positivas. Non digo que non haxa obstáculos que salvar, pero dende o momento en que nós tomamos a opción de poder ofrecer unha alternativa coma esta na que estamos embarcados, onde o segredo é a participación social e un liderazgo distribuído entre todos os participantes, as expectativas son positivas. Porén, o momento no que vivimos ralentizará un pouquiño o levar adiante e de forma efectiva todos os proxectos.

O PERFIL

? Naceu o 29 de xaneiro de 1968 en Noia.
? A súa vocación relixiosa foi moi temperá e finalmente ordenouse sacerdote.
? Realizou os seus estudos entre Santiago de Compostela, onde cursou Teoloxía, e Salamanca, onde se titulou en Psicoloxía.
? Confésase amante do deporte, co sendeirismo como unha das súas prácticas preferidas. Como bo camiñante, confesa que percorreu a Ruta Xacobea en varias ocasións, salientando que a natureza forma parte da súa vida, e se declara amante dos animais. A lectura tamén é outra das súas grandes paixóns.

TIERRAS DE SANTIAGO, 24/04/12


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.