Rematan as obras da calefacción do C.P.I. Pontecesures

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Onte remataron as obras de reparación e mellora da calefacción do C.P.I. Pontecesures. Lembramos que cun orzamento de  58.000 euros acometéronse  tres tipos de intervencións: reforma da sala de caldeiras e revisión da cheminea e caldeira, a renovación das tubarías de distribución e do sistema hidráulico, e revisión do depósito.

Representantes da Consellería de Educación e da empresa adxudicataria das obras reuníronse con persoal do Concello, do colexio e da empresa encargada do mantemento, para explicarlles o funcionamento do novo sistema de calefacción do C.P.I. Pontecesures.

O Concello de Pontecesures quere agradecer á Consellería de Educación o  investimento realizado e felicitar á empresa polo bo remate das obras, que sen dúbida, permitirán o ensino en mellores condicións e desde logo, un considerable aforro no gasto enerxético do centro.


13 comentarios

piris · 29-04-2012 a las 22:03

Parabéns ao alumnado do colexio de Infesta. Despois de case trece anos de bla,bla,bla…,por fin teñen unha calefacción decente.

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-04-2012 a las 23:19

Iso non é certo, «piris» porque os alumnos do CPI Pontecesures sempre tiveron calefacción decente en todos os cursos escolares. Nunca houbo problemas deste tipo nas aulas, pero nos últimos tempos o consumo de gasoil era una barbaridade co prexuizo notable para a economía do colexio. Por esta razón, porque se renovaron unhas instalacións que ían quedando deterioradas, e porque agora é posibel acender a sistema nun edificio e noutro non, o investimento é importante. Como outros que se fixeron no CPI perante todos estos anos con xestóns de concelleiros que non cobraban dedicacións exclusivas.

Princo · 30-04-2012 a las 18:52

Que ben ibas co teu comentario… Ao final, cágala coma sempre. A última frase sobraba. Sabía que neste tema, tiñas que tirarte flores.

Non cres que é mellor que a xente xulgue por sí mesma a xestión dos «outros»? Sempre cos cartos na boca…

maribel cartos · 30-04-2012 a las 19:29

«Por esta razón, porque se renovaron unhas instalacións que ían quedando deterioradas,…» PORQUE NON SE FIXO O MANTEMENTO CORRECTO E OBLIGATORIO, e bla, bla, bla…

Cara de cona · 30-04-2012 a las 19:56

Sabedes quen fixo o mantemento sa caldeira sempre?……o elías coño……atende de puta madre o colexio……cuida todo que e un tesouro…jo…jo..jo…

Luis Angel Sabariz Rolán · 1-05-2012 a las 00:09

Xa expliquei que todos os anos encargábanse, ao principiar cada curso, os traballos de posta en marcha da caldeira.
Efectivamente, «piris», a xente xulgará o labor realizado por cada quen. Pero é bo que saiba quen non cobraba nada polo traballo e quen ou quenes sí. Son cartos de todos e o detalle ten a súa importancia aínda que a ti non che guste.

piris · 2-05-2012 a las 00:08

Por favor, que «maribel cartos» me explique iso do «mantemento correcto e obrigatorio». Parece que estás enterado do asunto e poderás aclararme as razóns polas que a calefacción daba problemas. Grazas.
(Nota: Espero que non te equivoques de destinatario…. Eses erros quedan feos e son moi mala sinal.)

maribel cartos · 2-05-2012 a las 18:42

Pois dígoche «piris», que o Reglamento de Instalacións Técnicas de Edificios (RITE), OBRIGA ao titular da instalación a encargar a unha empresa mantedora o mantemento da instalación, realizar as inspeccións OBRIGATORIAS e conservar a documentación de todas as actuacións realizadas.

piris · 3-05-2012 a las 02:10

Moitas grazas «maribel cartos» polas túas explicacións. Se o que dis é certo (e non teño motivos para dubidalo), agora poderemos facernos algunhas preguntas:
1.- Durante os pasados catro anos HOUBO MANTEMENTO DA CALEFACCI?N?
2.- Que empresa se encargou do mantemento? (se o houbo)
3.- Realizáronse as INSPECCI?NS OBRIGATORIAS durante eses catro anos?. Pódense demostrar documentalmente todas as actuacións?.
– Se a resposta a estas preguntas é NON, NON e NON, haberá que recordar que no colexio están NENOS que puideron estar expostos a riscos por IRRESPONSABILIDADE e INCOMPETENCIA.
(NOTA Á MARXE: Nos pasados catro anos tamén había concelleiros con dedicación exclusiva).

Luis Angel Sabariz Rolán · 3-05-2012 a las 15:27

Un poco peliculero y catastrofista tu relato, ??piris?. Desde que se realizaron las obras de remodelación del colegio para transformarlo en CPI allá por 1997, una empresa de Rois se encargó de la puesta en marcha de la calefacción en cada curso escolar y de realizar alguna reparación que otra en el sistema. Es posible que eso no fuera formalmente un mantenimiento, pero la calefacción siempre funcionó, las clases se celebraron con normalidad desde el punto de vista de la temperatura en las aulas y nadie se planteó este tema. No nos vengas ahora con lo que pudo ser y no fue. De peligro para los niños, nada de nada y pasaron muchos por las aulas.

Hubo desde aquella cuatro concejales de educación (Souto Cordo, Diz Villar, Baliñas Pazos y Rey Beiró) antes del actual y ninguno cobraba exclusiva. Recuerdo, en materia de mantenimiento, por ejemplo, que se solucionó el control periódico del pararrayos y el mantenimiento de los ascensores del centro y no hubo críticas a nadie. Hubo cuatro directoras desde aquella y dos presidentes de la ANPA. Se hizo lo que se pudo, ??piris? y no va a venir ahora a descubrir la pólvora, Roque Araújo, con el arreglo de la caldera. Es el primer concejal de educación que cobra en la historia de Pontecesures. Y yo considero que es totalmente innecesaria esta retribución. En nuestra villa hay un único centro escolar y estamos en una situación de crisis importante. ¿Adónde vamos a parar?.

maribel cartos · 3-05-2012 a las 19:21

Si o que fixeron «no era formalmente un mantenimiento» e estaban OBRIGADOS a facelo, por que agora acosa a quen pretende facelo correctamente?

Luis Angel Sabariz Rolán · 3-05-2012 a las 20:13

E dalle co tema da caldeira, «maribel cartos». ¿Como vou eu a acusar, ou a criticar a Roque Araújo, porque se leve a cabo o mantemento da caldeira no futuro?. ? absurdo facelo. Sería opinable que o mantemento sexa sufragado económicamente polo colexio ou polo concello, pero nin dixen nada porque imaxínome que a Consellería de Educación solicitaría que a cambio de facer un investimento de 58.000 euros, fose o concello o que asumise o custo do mantemento do sistema no futuro.
Queda sí un asunto pendente relacionado coa caldeira. Solicitamos varios concelleiros da oposición hai tres meses autorización para consultar o expediente da adxudicación á empresa de mantemento elixida polo concello. Non recibimos resposta, e deste xeito non coñecemos nin a idoneidade da empresa, nin o prezo, nin a periodicidade das actuacións nin se hai xa facturas. Ata o de agora, un misterio.

Tiroliro II · 4-05-2012 a las 17:52

Ten claque o Roque caldeira este na paixa, mira que manda carallo, a obra da caldeira vai ser a bandeira do goberno o gran logro, o nunca visto, e para iso meténdose cos demais, logo os anteriores co campo de futbol novo, a rúa Diputación, a Plazuela, as rúas do medio, os alumbrados, o albergue, a nave ao lado do pabellon, a calefaccion da biblioteca, a praza do coche de pedra, o Caldeiron, os Mariñeiros, a obra de Grobas….mi ma había que darlle unha medalla….estes nun ano cero, cero Zapatero

Responder a Luis Angel Sabariz Rolán Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.