Dolores Agrasar de Villanueva, nova presidenta da ANPA do CPI Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Logo de esgotarse o prazo de presentación da candidatos/as (tan só inscribíronse cinco), o venres día 4 de maio celebrouse a asemblea de afiliados para elixir os membros da directiva. Non houbo votación pois nos estatutos está prevista unha directiva con sete persoas.
Presentouse así a nova Xunta Directiva á asamblea, na que estaban presentes cinco afiliados, e informouse que as cinco candidatas elixiron con anterioridade entre elas a Dolores Agrasar de Villanueva como presidenta. Vicepresidenta será Mª Isabel Rey García, secretaria Mª Luz Mota Rodríguez e tesoureira Marta Aragundi Boga. Tamén forma parte da directiva, Rita Mª Lafuente Lestón.

Categorías: Educación

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.