Louzán fala da distinción entre «concellos» e «municipios» ante a modificación inminente da lexislación de réxime local.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O presidente da Deputación provincial de Pontevedra valorou esta mañá a decisión do Goberno Central de presentar neste mesmo mes de maio o proxecto para a Reforma de Lei de Bases de Réxime Local, xa que suporá clarificar definitivamente as competencias de cada administración e poñer fin ás duplicidades e ás competencias impropias.

Na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, Louzán salientou que este tema foi analizado onte co secretario de Estado de Administracións Públicas, Antonio Beteta, quen tamén lle comunicou que ao longo deste ano se abordará a modificación no sistema de elección do presidente e das corporacións provinciais, que pasará a ser por sufraxio universal directo.

O presidente da Deputación asegurou que as dúas medidas forman parte dun paquete de reformas que vai dar lugar a ??unha nova etapa? na administración pública.

Concellos e municipios

Louzán fixo fincapé en que a reforma da Lei de Bases de Réxime Local implicará que ??cada quen debe asumir unha competencia, que a poida xestionar e que teña financiamento para iso?. Trátase dunha redistribución de competencias que porá fin a un dos grandes problemas que ten agora a administración local, que está a asumir ??unha porcentaxe elevadísima? de competencias que non lle son propias.

Esta reforma lexislativa implicará tamén unha diferenciación entre ??concellos e municipios?, de forma que os primeiros ??serán todos aqueles que teñen tal catalogación?, mentres que só serán considerados municipios e, como tales, se responsabilizarán de determinadas competencias ??os que sexan quen de xestionar os servizos?. ??Non é cuestión de número, de cantos habitantes ten un ou outro concello ??dixo Louzán?? senón unha cuestión propiamente operativa?, de atenderá fundamentalmente á capacidade de xestión de cada concello.

Fortalécese o papel das deputacións

Neste marco, as deputacións van ver fortalecido o seu papel, xa que asumirán moitas das competencias que non poidan ser desenvolvidas polos concellos.

Así, o presidente da Administración Provincial recalcou que, con esta reforma, o ??debate deputación si, deputación non, é un debate que dentro de moi poucas semanas vai estar pechado?, xa que ??o papel das deputacións vai saír fortalecido?, porque as deputacións , e así o entenden desde o Goberno central, teñen ??un papel moi importante que xogar no contexto actual?.

Elección directa por sufraxio universal

Así mesmo, Rafael Louzán incidiu tamén en que a decisión de abordar cambios na elección das corporacións provinciais, para que esta se faga por sufraxio universal directo é unha boa nova porque ??vai lexitimar se cabe cada vez máis ás persoas que están ao fronte destas administracións?.

Neste sentido, lembrou que na actualidade os presidentes e membros das corporacións provinciais son ??elixidos por elección democrática pero non por sufraxio universal directo?, algo que ten suscitado un debate que tamén poderá quedar pechado ao longo deste ano 2012, coa presentación dunha modificación da actual lexislación para establecer o sistema de elección directa.

Os cidadáns terían así a ocasión de votar por aquela lista que consideren a mellor para representalos desde nas Deputacións provinciais, unha elección que, con case total probabilidade, se farían coincidindo cos comicios locais.

GABINETE DE COMUNICACI?N DA DEPUTACI?N, 11/05/12


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.