O Concello de Pontecesures entrega 363 kg. de roupa e calzado á Fundación Amigos de Galicia.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

O Concello de Pontecesures entregou a Fundación Amigos de Galicia 363 quilos de roupa e calzado.

A Fundación Amigos de Galicia, tratando de dar cobertura ás necesidades básicas das persoas no eido da alimentación, vestimenta e calzado, produtos de hixiene, material escolar, xoguetes en Nadal� así como aportacións económicas para pagos de débedas puntuais de luz, auga, gas� conta cunha lavandería industrial dende 2009, na que recepciona, lava e prancha a roupa que posteriormente vai a ser distribuída entre as persoas que así o precisen,  principalmente naquelas familias con menores o seu cargo.

Neste eido, A Fundación Amigos de Galicia está a contar coa colaboración do Concello de Pontecesures na recollida de roupa usada, que tras un proceso de reciclaxe na lavandería da entidade, pasa a ser distribuída entre as persoas que así o precisan, principalmente aquelas familias con residencia no concello ou concellos limítrofes.

Así, o concello de Pontecesures xa fixo entrega de 363 quilos de roupa e calzado que poderán dar resposta ás demandas de moitas persoas con carencia de recursos. Asemade, se informa de que aquelas familias que queiran colaborar en dita campaña, poden deixar a roupa usada no concello de Pontecesures, en horario de 9.00 a 13.00 horas, de luns a venres.

Por último,  informar de que Fundación Amigos de Galicia está atendendo na actualidade a 19.909 personas en todo Galicia, -deles 11.306 menores- que doutro xeito non poderían ver satisfeitas as súas necesidades máis básicas. Son 20 as familias cesureñas ás que de modo mensual reciben a axuda da entidade, en coordinación cos servizos sociais do concello.

 

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.