Nota íntegra da ACP sobre a colocación do mobiliario urbano en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Por fin comezou a colocación do mobiliario urbano subvencionado en 2011 pola Consellería de Economía e Industria logo da tramitar a axuda o goberno anterior. O mobiliario, destinado ás rúas centrais, Portarraxoi, San Lois, Sagasta e Víctor García, (10 bancos, 11 papeleiras e 9 xardiñeiras), foi subministrado o 7 de outubro de 2011 e estivo almacenado sen colocarse nada menos que 8 meses coas conseguintes queixas desta agrupación nos medios e nas sesións plenarias ante tanta incompetencia.

Pois ben; ata o de agora colocáronse as xardiñeiras e non comprendemos porque na memoria técnica da solicitude de subvención reflíctese un modelo de xardiñeira de fundición igual a que temos nas rúas centrais (algo elemental) e o goberno local encargou logo outro modelo. O resultado é negativo e antiestético, pois agora temos modelos distintos nas mesmas rúas, ás veces a moi pouca distancia. A «chapuza» é considerable.

Este tema do mobiliario está a dar que falar dende logo. A concelleira nacionalista Cecilia Tarela manifestou no pleno ordinario de marzo que as tres xardiñeiras colocadas na Travesía da Bandeira non tiñan nada que ver con estas subvencionadas pola Xunta para as rúas centrais. Pois non dixo a verdade, porque as xardiñeiras de dita travesía foron colocadas en decembro de 2011 e moito despois foron encargadas tres iguais as subministradas en outubro de 2011. ¿Como ían ser colocadas tres colocadas xardiñeiras en decembro de 2011 na Travesía da Bandeira, se chegaron en abril de 2012?. Cando non se di a verdade no pleno pérdese a credibilidade por completo.

Dende logo a xestión do goberno local neste tema do mobiliario urbano está a ser realmente lamentable.

Pontecesures, 14/06/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.