RESUMO DAS ASAMBLEAS DO PASADO VENRES DO CLUB BALONCESTO RIO ULLA, QUE VAI CONTAR CUNHA NOVA DIRECTIVA

Publicado por fru en

A asamblea do C.B. Rio Ulla deste pasado día 15 de xuño, onde a directiva

deu conta dos puntos tratados na orde do dia, e que consistiron en:

 

I) Informe deportivo 2011-12.

Douse conta dos resultados e clasificacións de cada un dos 8 equipos federados cos que contou este club, con un toal de 104 licencias federativas, entre xogadores e adestradores:

1 senior zonal en 3ª autonómica: 27 de 58 equipos en toda Galicia

1 xunior masculino: 44 de 57 en toda Galicia

1 cadete masculino: 6 de 72 en toda Galicia

1 cadete feminino: 10 de 50 en toda Galicia

1 infantil feminino: 21 de 62 en toda Galicia

1 alevin mixto recreativo: 5º de 7 equipos na delegacion de Arousa

1 benxamin mixto: 4º de 9 equipos na delegacion de Arousa.

1 benxamin mixto recreativo: 4º de 8 equipos na delegacion de Arousa.

( Segundo as clasificacions finais da Federacion Galega en www.fegaba.com)

Tamén presentamos os resultados do I Torneo 3 x 3 Basket na Rua Concello de Pontecesures, celebrado en setembro de 2011 na Plazuela de Pontecesures; e que servira para «inaugurar» a tempada a nivel deportivo q agora se pecha. Tivera enorme expectación entre os afeccionados ó basket a nivel comarcal, contando con 12 equipos participantes de categoria xuvenil, e 16 de senior.

Anunciouse para mediados de setembro de 2012 o  II Torneo 3 x 3 Basket na Rua Concello de Pontecesures, e que contaremos con novidades: aberto a todas as idades a partir de 12 anos; e que terá un horario dende a mañá á noite.

Por ultimo agradecer o traballo dos 5 monitores do club, asi coma dos pais que colaboraron cos distintos equipos do C.B. Rio Ulla.

 

II) Presentación do peche definitivo a nivel económico da tempada 2010-11

Diferencia ingresos – gastos: + 690,49

Remanente total a 31.07.11: + 3.622,74 â?¬

 

III) Avance do estado das contas provisional da tempada 2011-12.

Diferencia ingresos – gastos: calculo aproximado en + 900 â?¬

Saldo en Conta a 15.06.2012: 3.695,87 â?¬

Remanente total a 31.07.12: + 4.500 â?¬ aproximadamente.

Pendente  cobro da subvencion da Xunta por importe de 1.910,68 �

Pendentes de facer os ultimos gastos da tempada.

Contas definitivas a 31.07.12 dannos unha cifra aproximada de 4500 � de remanente cara á vindeira tempada.

Tras esta asamblea Xeral Ordinaria, celebrouse outra extraordinaria, cesando a a actual directiva e nomeándose outra por unanimidade dos presentes, que rexerá este club os vindeiros 4 anos, formada por:

PRESIDENTA: Monica Espadas Diez.

VICEPRESIDENTA: Yolanda Vieites Dos Santos

SECRETARIA: Ramona Quintá Barros

TESOUREIRO: José Rodríguez Fructuoso

VOCAIS:    Mª José Rial Rodríguez

Ramona Martínez Doce.

Asimesmo esta directiva acordou dar un prazo ata o vindeiro 4 de xullo para que aquelas outras persoas que queiran entrar na mesma coma vocais o poidan facer, para o que deberan dirixirse a calquera membro da directiva.

Os asistentes á Asamblea despediron cun gran aplauso de agradecemento a Rosa Mª Cascallar Potel, e a Benedicta Blanco Garcia,  presidenta e secretaria cesantes, e que estiveron 12 anos nos seus cargos directivos deste club.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.