Un ciclo de cine para formar os nenos de Valga en valores.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O Concello de Valga, dentro do programa Valga lúdica e saudable, acollerá este verán no Auditorio municipal o Cliclo de Cine con Fondo. Trátase duna serie de proxeccións para que os nenos de Valga se formen en valores. Cada martes durante os meses de xullo e agosto ás 10.30 horas, visionaránse obras como Azur e Asmar, Kirikú e as bestas salvaxes ou Happy Feet. Este ciclo cinematrográfico promovido polo Fondo Galego de Cooperación -do que o Concello de Valga é socio-, dentro do seu Plan de Sensibilización 2012, busca a educación para o desenvolvemento e que os nenos vexan as interrelacións entre as partes do mundo, fomentando valores como a paz, a solidaridade, a tolerancia, a xustiza social e a defensa do medio ambiente, tanto nas súas vidas como na súa contorna.

LA VOZ DE GALICIA, 12/07/12

Categorías: Educación

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.