Peche da Biblioteca Municipal durante o mes de agosto

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Os usuarios poderán acudir á Aula Dixital instalada nos baixos do Concello

Durante o vindeiro mes de agosto, a Biblioteca Pública Municipal de Pontecesures permanecerá pechada por vacacións da traballadora que se ocupa da mesma. Nesta ocasión non foi posible manter o servizo, como habitualmente se facía, con persoal contratado pola Xunta través do Programa de Cooperación, xa que foron recortados dun xeito brutal as prazas convocadas.
Ante esta situación, o Concello de Pontecesures pon a disposición dos usuarios da biblioteca municipal a recentemente creada Aula Dixital, situada nos baixos da Casa do Concello.


9 comentarios

sobreiras · 30-07-2012 a las 13:33

Vaia fracaso de goberno, estes non consiguen nada en ningún sitio, non pintan nada, e para iso queremos a tres concelleiros cobrando?

ven te vexo · 30-07-2012 a las 17:51

Ben se ve que os recortes son brutais, que se lle vai facer, é mellor facer recortes brutais no traballo alleo para poder conservar os soldos BRUTAIS de tres adicacións exclusivas que pronto se deberian aumentar a xornada completa, ben se ve que non dan feito, sobre todo educación e obras que andan sempre a fume de carozo con tanto choio.

lampreadoulla · 30-07-2012 a las 20:40

Teño unha solución para que a biblioteca non peche no mes de agosto, xa que as tres adicacións exclusivas non a rascan, que se turnen e fagan eles a sustitución, que o mes de agosto e cando os nenos necesitan os libros para ler na casa.

Princo · 31-07-2012 a las 02:25

Pero aver, alguén se molestou en ler a entrada?

Que parte non entendedes de «o persoal contratábase a través dos Programas de Cooperación, que foron agora recortados»????

O que vexo aquí e moita bilis, pero de momento, tócavos tragala.
Espabilade, e lede un pouco

Luis Angel Sabariz Rolán · 31-07-2012 a las 09:32

Claro que hubo recortes en los programas de cooperación de la Xunta de Galicia. Está bien que se critiquen los recortes autonómicos pero también se deben criticar los municipales. Este es uno de ellos de carácter social que hace el Ayuntamiento de Pontecesures. Es su biblioteca y un gobierno local, por primera vez en la historia, no es capaz de que esté abierta en el mes de agosto. Y eso es lo que llega al ciudadano, es muy fácil echarle la culpa siempre a los demás. Falta previsión, hay incompetencia y así nos va con este gobierno.

ben te vexo · 31-07-2012 a las 09:33

Ben se ve que sobra bile, pero se non hai Programas de Cooperación e non se cobran soldos BRUTAIS podemos ter biblióteca. O da aula de informática está ben, lastima de libros.

Princo · 31-07-2012 a las 14:56

Incompetencia sería non propoñer unha alternativa…

Que asco de oposición, eres vergonzoso. Xa está máis que explicado porqué non hai biblioteca, e está dada unha alternativa. Punto

Luis Angel Sabariz Rolán · 31-07-2012 a las 17:13

Deixate de sucedáneos, «Princo». A biblioteca municipal de Pontecesures leva 26 anos funcionando e tivo que entrar o goberno local que temos para que, por primeira vez na historia, estea pechada en agosto. Fracaso, incompetencia e desinterese pola cultura por parte dos dirixentes. Iso é o que hai.

o palillo · 2-08-2012 a las 14:32

mire señor Luis Angel Sabariz Rololan xa que vostede esta de vacacions porque e funcionario e os funcionarios tedes dereitos que outros traballadores non podemos ter ,porque non vai cubrir vostede ese posto e asi estaremos todos contentos e vostede non se aburre ? pareceme que na politica do SE�OR PI�EIRO EMPAZ DESCANSE se mal non recordo xa cerraba o mes de Agosto pero claro ,vostede sempre di o que lle comven eso e unha tonteria pero o follon do rial e moi grabe da pena mirar o periodico e ver ese home con ese cartel ,parece un home con paciencia porque se me pasa amin o que lle esta a pasar a el podolle asegurar que a miña reacion non seria asi acabaria mal pero de perdido o rio ,preocupese polo que vale a pena .

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.