A ACP insta ao goberno local para que se poña en marcha o servizo de educación familiar con toda urxencia.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O 31 de marzo pasado o goberno local de Pontecesures prescindiu deste servizo co conseguinte prexuizo precisamente para as familias máis necesitadas. Xa a ACP no seu día criticou a supresión que foi tamén mal recibida no CPI Pontecesures pois tiñamos un servizo moi ben valorado pola comunidade educativa.

Xustificouse a supresión cos recortes da administración autonómica e agora resulta que a Deputación de Pontevedra ofrece a sinatura dun convenio en materia de servizos sociais e así o organismo provincial vai ingresar unha cantidade de diñeiro para suplir a baixa da subvención para o Servizo de Asistencia no Fogar por parte da Xunta en 2011 en relación co 2010 e vai achegar outra cantidade para contratar un técnico medio como educador familiar (no convenio reflíctese que o concello debe achegar en ámbolos dous casos un 20% de fondos propios).

Deste xeito a ACP considera que o servizo de educación familiar, agora que comezou o curso escolar, debe ser de novo posto en marcha canto antes coa contratación do/da profesional que vai estar á fronte. Non é de recibo, que mentres se solicita, se tramita ou se asina o convenio, esteamos sen servizo pois as cantidades a recibir da Deputación xa están garantidas.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.