Un traballador ferido no patio escolar do CPI Pontecesures esta mañá.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O obreiro J.J.S.M., contratado pola Deputación, pero realizando traballos para o Concello de Pontecesures, ía realizar traballos na cuberta do cuarto da caldeira do CPI Pontecesures baixo a dirección dun encargado de obras do concello. Subía nunha escaleira plegable sobre ás 9 horas deste luns, 1 de outubro, e caiu ao chan dende uns 2.5 metros aproximadamente, levando un golpe, ao parecer, nas costas. Foi evacuado en ambulancia a un centro sanitario.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.