ACP pide máis ordenadores para a Biblioteca Municipal de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Na nosa biblioteca hai cada vez un maior número de usuarios dos equipos informáticos. Tanto nenos como maiores realizan a menudo consultas relacionadas co ensino, tendo en conta, ademáis, que a instalación (rúa Raimundo García Domínguez ??Borobó?) está moi preto do CPI Pontecesures.

Pois ben; chegouse a contar con sete ordenadores na biblioteca todos eles con acceso á Internet, pero na actualidade só tres equipos, aínda que bastante deteriorados, están operativos, diminuíndo moito o servizo que se presta á veciñanza, con tempos de espera para utilizar os ordenadores moi considerables.

En consecuencia, a ACP solicita que se complete o número de ordenadores na biblioteca instando ao goberno local, a través da concelleira de cultura Margarita García Castro, que xestione a súa colocación. Coñecemos o investimento que se vai facer na aula de informática no semisoto da Casa do Concello, pero iso non pode ocasionar que non se potencie a rede da Internet nas Bibliotecas. E a nosa, que é unha referencia en toda a comarca, non pode ser prexudicada deste xeito.

Pontecesures, 25/10/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.