A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este sábado a actuación da coral Polifónica de Padrón.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A programación musical de Outono comeza este sábado 27 de outubro, ás 20:00 horas, coa actuación da coral polifónica de Padrón. Este evento está organizado pola Asociación Cultural Pedra do Fuso, en colaboración co Concello de Ames, e desenvolverase na Casa da Cultura de Bertamiráns. A coral de Padrón está formada por trinta e oito membros e da dirección encárgase Don Santiago López Blanco. Esta actuación encádrase dentro da programación anual que realiza a Asociación Cultural Pedra do Fuso ao longo do ano. O vindeiro sábado 17 de novembro celebrarán o Magosto. Ademais, todos os anos organizan unha festa de Entroido e unha ruta polo contorno ambiental do municipio.

A Coral Polifónica Padronesa fundouse a comezos do ano 1987, como unha actividade da Sociedade Cultural Padronesa por mor da inquietude dun grupo de socios que compartían a afección do canto. Dende a súa fundación, este grupo de amigos actuaron en concertos, misas e vodas de diversas parroquias, vilas e cidades de Galicia, Asturias, León, Madrid e Portugal. Ademais, esta Coral ven organizando unha serie de eventos ao longo do ano como son o festival de polifonía e panxoliñas Vila de Padrón, o festival de Santa Icía, e dende o ano 1.997 organizan o festival «Cantando a Rosalía», que se realiza a semana das Letras Galegas.

A coral polifónica de Padrón está formada por trinta e oito membros e da dirección encárgase Don Santiago López Blanco. O seu repertorio abrangue diversos xéneros de música: clásica, relixiosa, popular, habaneras e un amplo abano de obras galegas, entre elas varios temas de Rosalía de Castro.

Esta coral pode presumir de dispor varios premios e recoñecementos. En abril de 1999, a Irmandade Fillos e Amigos de Padrón, fíxolle un homenaxe á Coral, concedéndolle a Medalla de Ouro e o diploma acreditativo. Por outra banda, a Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario da Coruña, concedeulle a varios dos seus compoñentes a Medalla de Prata ?Premio Marcial del Adalid?. Por último, co gallo do XV aniversario da súa fundación, gravaron un CD con 20 obras escollidas do seu repertorio. Ademais, este ano con motivo de tal aniversario o Concello de Padrón e a sociedade cultural Padronesa obsequiou aos membros desta coral cunhas placas conmemorativas.

EL CORREO GALLEGO, 27/10/12


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.