Padrón rinde homenaxe ao mundo teatral galego.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, do PP, ensalzou onte a traxectoria interpretativa da actriz Patricia de Lorenzo, que onte recolleu o premio de teatro Maruxa Villanueva nun concurrido acto que se celebrou no auditorio municipal de Padrón. Ante unha nutrida representación de persoeiros da vida cultural, política e social da zona, o auditorio padronés rendiu onte o seu particular homenaxe ó mundo dos cómicos galegos, un encontro que se pechou coa posta en escea da obra de Chévere Citizen que interpreta a actriz galardoada nesta XI edición dos premios que organiza o Concello padronés.

Na súa valoración da galardonada, o xurado do premio Maruxa Villanueva destacou a capacidade de emprendemento e o «activismo teatral» de Patricia de Lorenzo, quen emocionada recibiu un busto de bronce de Maruxa Villanueva elaborado polo artista local Camilo Seira, un premio en metálico de 1.200 euros e un diploma acreditativo.

EL CORREO GALLEGO, 04/11/12


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.